O BNG califica de “agasallo á consellaría” o convenio das pistas de atletismo.
Xoán Carlos González: “Abogamos por un novo proxecto que garanta un retorno deportivo e social que redunde no conxunto da veciñanza”.
16 maio 2022 - 10:05
O Bloque Nacionalista Galego, vén de analisar o borrador do convenio entre a consellaría de educación e o concello de Redondela para a construcción e xestión das pistas de atletismo. Tal como se recolle, construiranse no patio do IES San Simón, concretándose no seu momento as condicións de uso. A conclusión á que se chega dende a organización nacionalista, é que se trata “dun agasallo do concello, que pón os 170.000€, á consellaría de educación, quen cede os terreos e a quen pasaría a titularidade das mesmas, nun prazo de oito anos”.
Pola súa banda, o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González marca distancias da proposta defendida pola alcaldesa, Digna Rivas. “Trátase dunha importante inversión de fondos municipais, nunha infraestructura que vai pasar a mans da consellaría”. Segundo o edil, no convenio contémplanse aspectos xenéricos, e a constitución dunha comisión mixta de seguemento, “mais hai cuestións como o mantemento en caso de deterioro, que non quedan especificadas”.
O voceiro nacionalista considera que se debería estudiar a construcción das pistas de atletismo en terreos de propiedade do Concello. “Pode ser necesaria unha inversión maior, mais o retorno social, deportivo, o mantemento da titularidade, o fomento do deporte base constitúen elementos que nos fan apostar por unha nova concepción das pistas de atletismo para Redondela”. Finalmente aposta por rematar con iniciativas “curtopracistas”, que no futuro van supor máis problemas para o concello.