O BNG exixe a instauración do bacharelato de artes “sen condicións”.
Jéssica García demanda á consellaría “que se elimine o requisito do número mínimo de alumnado e se poña en marcha no vindeiro curso”
09 maio 2022 - 08:42
O anuncio da apertura dun novo proceso estraordinario para a instauración do bacharelato de artes no IES Pedro Floriani de Redondela, foi valorado con moderado optimismo dende o BNG. Consideran que malia o anuncio ,“a improvisación e falta de rigor vician todo o proceso. Confírmanse as nosas sospeitas que se trata dunha estratexia para impulsar a candidatura do PP en Redondela”. Exixen que se eliminen as numerosas trabas, e que “o bacharelato de artes se instaure sen condicións”.
Pola súa banda a concelleira nacionalista Jésica García, amosa a súa sorpresa por todos os obstáculos que se están a por. “O propio periodo de inscrición, limítase a cinco días hábiles, cando xa moito alumnado se matriculou noutros centros”, sinala.
Outro dos condicionantes, refírese a un número mínimo de alumnos e alumnas que deben estar matriculados, para que se instaure artes, no vindeiro curso. Segundo fontes da Consellaría obrígase ao alumnado a renunciar á matrícula xa feita noutros centros de Vigo, Mos ou Pontevedra. “Esta condición xera unha enorme anisedade no alumnado e familias ante a posibilidade real de quedar sen praza se finalmente en Redondela non se imparte este bacharelato”, denuncia García.“Emprazamos á Consellaría a eliminar o requisito do número mínimo de alumnado, comprometéndose a impartir o bacharelato de artes no IES Pedro Floriani”, defende a edil nacionalista.
Finalmente anuncia que a traverso do grupo parlamentario do BNG vaise demandar á consellaría, que se amplíe o prazo de matrícula, e se elimine o requisito dun número mínimo de alumnos e alumnas co fin de que realmente en Redondela se instaure o bacharelato de artes.