Xoán Carlos González califica de “barapau á cultura” a renuncia á Feira do Libro.
“Dáse por feito que este evento cultural, non se vai realizar, o que nos parece gravísimo, para un concello como o noso”
09 maio 2022 - 08:16
O voceiro nacionalistas sae ao paso das declaracións recollidas a diversos medios de comunicación de membros do goberno municipal, sobre o futuro da Feira do Libro en Redondela.
“Máxime cando nestes meses a actividade cultural en Redondela, ponnos no centro das miradas doutros concellos da nosa área de influencia”, afirma.
Por vez primeira, nos últimos anos, non se vai celebrar a Feira do Libro, “o que consideramos que se trata dun barapau dende o punto de vista cultural”. Considera que o goberno do PSOE, amosa a súa faciana máis neglixente. “Non lles interesa porque neste modelo das Feiras do Libro, perden absolutamente protagonismo” afirma.
“Manifestan un descoñecemento absoluto dunha actividade cultural, educativa, formativa e de rúa, como a que caracteriza a Feira do Libro”, sinala. “Dende o BNG, consideramos que se trata dunha nova iniciativa decepcionante do goberno de Digna Rivas.