O goberno PSOE-UP, nega ao BNG o Proxecto de Reposición definitivo da AP-9 en Chapela
Nunha iniciativa do parlamentario nacionalisa Néstor Rego, limitouse a respostar que o Proxecto segue o seu trámite
06 xuño 2022 - 08:51
En abril o deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, por iniciativa da organización local de Redondela, presentou unha pregunta por escrito solicitando o Proxecto definitivo de Reposición de viais e infraestructuras motivadas pola ampliación da AP-9 en Trasmañó e Chapela.
A iniciativa parlamentar fundaméntase nas informacións verquidas semanas antes pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas onde se congratulaba do inminente inicio das obras. Despois de realizar diversas pesquisas, chegouse á conclusión que no Concello non había documento ou Proxecto ningún. Daquela, decidíuse tramitar a solicitude informativa.
Pola súa parte o deputado Néstor Rego, transmitíu as inquedanzas de falla de información sobre se as diversas alegacións presentadas por colectivos e polo propio concello, foran admitidas.
A resposta do goberno do PSOE-UP, non pode ser máis decepcionante, ao negar o proxecto para poder difundir entre a cidadanía. Pregúntanse dende a organización local, se a deputada por Pontevedra, a vicepresidenta Yolanda Díaz, non considera necesaria unha resposta axeitada.
Recordan que o BNG, presentou alegacións ao anteproxecto, das que nada se sabe.