O BNG de Redondela por un cemiterio de Mañó aconfesional.
O Grupo Municipal do BNG propuxo varias modificacións na ordenanza do cemitério municipal de Mañó.
Na convocatoria da Comisión Informativa de Medio Ambiente do xoves 19, recollíase como punto máis importante na orde do dia o Regulamento do Cemiterio Municipal de Mañó. O goberno de Javier Bas, vai levar a Pleno este regulamento de usos desta infraestrutura municipal.
Nesta comisión, todos os grupos deberían facer apartacións ao texto, que van marcar as normas, dereitos e usos do cemiterio. O Grupo Municipal do BNG, por voz do concelleiro Xoán Carlos González, foi a única forza que prantexou varias propostas.
En primeiro lugar, declarar o cemiterio de propiedade municipal de Mañó, como cemiterio de carácter aconfesional. Trátase de recoller por escrito que como instalación de carácter público e municipal, ningunha orde de carácter relixioso debe ter prevalencia sobre outras. Os enterramentos de carácter civil tamén deben gozar do mesmo carácter que os relixiosos.
Nas apartacións do BNG, pídese que se recolla no regulamento, que calquera actividade de carácter relixioso, homenaxe, etc. que teña lugar no cemiterio municipal de Mañó, debe vir precedida pola autorización expresa do alcalde-presidente do Concello de Redondela.
Finalmente, propúxose que calquera acto de carácter relixioso ou civil que teña que ver con enterramentos, homenaxes, etc. que requira de medios, recursos ou infraestruturas que non existan no propio cemiterio, deben ser aportados por quen realice dita actividade sen cargo ao concello.
Os representantes do goberno municipal, limitáronse a recoller estas peticións do BNG. Mentres, tanto PSOE como AER, comunicaron que estudarían o seu posicionamento no Pleno.
Dende a organización nacionalista apóstase que cando menos os grupos da oposición fagan valer o seu peso, e estas propostas, coas posíbeis melloras, poidan saír adiante.