O BNG de Redondela, demanda no Consello Escolar Municipal, que o concello asuma as súas competenzas.

FB_IMG_1650866381717
Concentración en demanda dun bacharelato de artes en Redondela
Liña de subvencións para alumnado que cursa bacharelato de artes, problemática de tráfico nos entornos escolares, apoio a familias usuarias de servizos sociais nos comedores escolares, propostas debatidas ás que non se lles deu solución.
O BNG de Redondela, demanda no Consello Escolar Municipal, que o concello asuma as súas competenzas.
Dous anos tiveron que pasar para que se celebrase o Consello Escolar Municipal, onde están representados todos os sectores da comunidade educativa (ANPAs, sindicatos profesorado, partidos políticos, direccións, Consellaría, Concello). As excusas dadas dende a concellería de ensino por esta demora, non convenceron a ninguén.
Os puntos que se trataron tiveron a ver en grande parte, coa demanda de creación do bacharelato de artes en Redondela, opción negada pola Xunta. Por parte do BNG, Anxo Lusquiños, expuxo a proposta da organización nacionalista para que o concello creara unha liña de subvencións, para aquel alumnado que se ve obrigado a cursar noutro concello, o bacharelato de artes.
Outra das cuestións que se puxeron sobre a mesa, referíuse á atención de un número máis grande de familias, que teñen que empregar os comedores escolares. “Obrígase ás ANPAs, a adiantar os cartos, polo que moitas das familias afectadas desisten de acudir a este servizo complementario, subvencionado polo concello”, sinalou Lusquiños.
Solventar a problemática da seguridade viaria nos entornos dos centros escolares, foi abordado polo CEM, sen que dende o goberno municipal se lle chegara a compromiso ningún.
Como conclusión, Anxo Lusquiños, afirmou que “agardamos que nas vindeiras semanas, se nos dea resposta, e compromisos firmes de todas as demandas prantexadas. Queremos que o Concello asuma responsabilidades sobre cuestións que son da súa competenza”.
 
O BNG de Redondela, demanda no Consello Escolar Municipal, que o concello asuma as súas competenzas.