O BNG, pide ao concello que abra expedientes ao aeroporto de Peinador.

IMG-20220418-WA0003
Estado actual do entorno da pista do aeroporto
Falta de limpeza no perímetro da pista e asunción de responsabilidades pola contaminación da Fonte da Lata, son os motivos das demandas nacionalistas.
 
O BNG, pide ao concello que abra expedientes ao aeroporto de Peinador.
Durante os últimos días o grupo municipal do BNG, vén de constatar a irresponsabilidade amosada dende AENA, como xestor do aeroporto Peinador. Pola súa parte, dende o goberno municipal de Redondela, non se fixo valer a súa voz.
Para a organización nacionalista, AENA, como ente dependente do goberno estatal, debe actuar co exemplo, e responsabilidade. “Están obrigados a reducir ó máximo posible o impacto sobre a parroquia de Vilar, non a aumentalo”, sinala o voceiro municipal, Xoán Carlos González.
Nos escritos, refírense á falta de mantemento do perímetro da pista do Aeroporto, con “falta de limpeza da maleza, que acaba invadindo parte da estrada, e mesmo impide a visión dos sinais de tráfico, co correspondente perigo para peóns, peoas e conductoras”.
Por outra parte, demandan que o concello de Redondela abra un expediente sobre a situación na que quedou a salubridade da auga da Fonte da Lata, tamén en Vilar. “O ano pasado denunciamos o uso de herbicidas, para a limpeza da pista, que incidíu directamente sobre a auga da fonte. Dende aquela, non se pode consumir”, apuntan. Consideran que se debe abrir un expediente informativo, esixindo responsabilidades, rematan na súa nota.
 
O BNG, pide ao concello que abra expedientes ao aeroporto de Peinador.