O BNG califica de “bochorno” cultural a cancelación do acto de Xurxo Souto por falta de publicidade.

IMG-20220429-WA0000
Na tarde do xoves 28 de abril, tivemos que asistir a un novo vergoñento episodio cultural en Redondela, e xa van dous na mesma semana.
O BNG califica de “bochorno” cultural a cancelación do acto de Xurxo Souto por falta de publicidade.
Xusto cando hai poucos días que soubemos dos atrancos, que por vez primeira se lle están a poñer nin máis nin menos que á Feira do Libro, asistimos á cancelación do acto de Xurxo Souto.
Este activista cultural, pedagogo musical, “lider de masas”, trasladouse ata Redondela na tarde do xoves 28 de abril, no seo da programación de Actividades da Memoria 2022. Souto tiña programado, desenvolver un obradoiro musical arredor das músicas da memoria histórica.
Non se puido celebrar este evento por inasistencia de público, o que deixa ó noso concello, nun “moi mal lugar”.
Polo súa banda, o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, lamentou este novo “bochornoso” episodio. “Estamos comprobando como a actividade cultural decántase por un sumativo de eventos, sen unha verdadeira planificación, estrutura”, sinala. Considera que,  "actividades culturais de primeira orde como o acto de Xurxo Souto, quedan esquecidos, non se lles dá a necesaria importancia e repercusión, nin publicidade".
Responsabiliza o edil do BNG ao goberno municipal deste novo episodio. “Pola nosa parte tentaremos que novamente Xurxo Souto protagonice unha nova actividade de dinamización cultural e musical en Redondela, tal e como merece”, remata na súa nota.
O BNG califica de “bochorno” cultural a cancelación do acto de Xurxo Souto por falta de publicidade.