O BNG de Redondela denuncia o abandono das areas recreativas do concello
A falta de previsión do goberno municipal do PP fai que moitas areas recreativas do Concello se atopen en estado de abandono, cubertas por maleza e co mobiliario deteriorado.
A desprecupacion do PP por atender as necesidades de limpeza e acondicionamento das zonas rurais de Redondela, camiños, areas recreativas, etc, púxose de manifesto este ano.
A area recreativa da Moucheira, á que era imposible de acceder o pasado fin de semana, ou a area de descanso da Fonte do Cutiño, na parroquia de Reboreda son bos exemplos da denuncia que fai o BNG.
A todo isto hai que engadir o retraso dos traballos de limpeza de praias, cando en anos anteriores este servizo iniciabase a principos de xuño, levandose a cabo un traballo de mantemento todo o ano. Practicamente rematado o mes de xuño o goberno local inicia agora os labores de limpeza dos areais do noso concello.
O PP sempre vendeu que a súa gran preocupación sería devolverlle o protagonismo ás parroquias, á vista do abandono que sufren moitas delas comprobase que as promesas do Partido Popular non son máis que fume.