O BNG de Redondela, volve demandar a pilotaxe do Peirao de Cesantes.

Screenshot_20210109-165848
Alexandra Fernández xunto a membros do BNG de Redondela e colectivos implicados.
A deputada Alexandra Fernández presentou a emenda aos Orzamentos de Xunta, ante a Confraría e Asociación de Mariscadoras.
O BNG de Redondela, volve demandar a pilotaxe do Peirao de Cesantes.

“Ademáis de demandar un millón e medio de euros para a pilotaxe de todo o Peirao, imos presentar diversas iniciativas, para poñer enriba da mesa a viabilidade desta infraestructura”, comprometeu a nacionalista no encontro mantido este sábado.

Na xuntanza que tivo lugar no propio Porto cesantino, Fernández expuxo a necesidade de traballar conxuntamente tanto no eido institucional, e da propia presión das asociacións implicadas. Rematado o periodo de presentación de alegacións aos orzamentos galegos, iníciase esta semana o debate en Comisións das diferentes propostas. “Presumiblemente o PP manterá o voto en contra desta iniciativa como sistematicamente vén facendo estes anos.

Existen outras vías para que a pilotaxe se realice. Aí entraría a presentación de diversas propostas no Parlamento, das que se dará puntual información”, comprometeu a deputada nacionalista.

Portos de Galiza, presentou un Proxecto de remodelación parcial do Peirao en plena campaña das Autonómicas, que non conta co apoio nin de mariñeiros nin mariscadores e mariscadoras. “A proposta recolle a construcción dun treito final do Peirao co obxectivo de dar exclusivamente servizo ás navieiras que realizan actividades en San Simón. Non se tén en conta a pilotaxe dos primeiros 200m que serían os que prestarían servizo ás embarcacións profesionais”. “Consideramos imprescindíbel unha reforma completa pilotando todo o Peirao, co que se facilitaría a rexeneración do areal de Cesantes. Un factor medioambiental, e apoio ao sector marisqueiro, moi relevante para esta parte da Ría incluída en Rede Natura”, sinalou a deputada do BNG.

No encontro coas asociacións destacouse a necesidade de poñer en valor unha explotación económica respectuosa con medio mariño, da que poden vivir moitas familias da nosa bisbarra. “Necesitamos a complicidade entre administracións e sectores implicados, todo o contrario do que está a facer a Xunta de Galiza”, sinalou Alexandra Fernández.

No encontro tamén participaron membros do BNG, no que o voceiro municipal, Xoán Carlos González, fixo referenza ás emendas presentadas para Redondela. Melloras na seguridade viaria na estrada que une o casco urbán con Amoedo, ao seu paso por Reboreda; vivenda de carácter social; recuperación do Cargadoiro Cotto Wagner; cubrir os patios dos centros educativos; parque accesíbel e de esparcemento do CAPD de Chapela; dotación de máis persoal nos Centros de Saúde de Redondela e Chapela. Arredor de 6 millóns de euros, consideran necesarios dende a organización nacionalista, para dar resposta ás necesidade do concello.

O BNG de Redondela, volve demandar a pilotaxe do Peirao de Cesantes.