O BNG, seguirá traballando para que AUCOSA saia do espazo portuario de Cabanas
O BNG, leva anos propoñendo que se reubique en espazo industrial.
A Asocación de afectados conta con toda a colaboración do Bloque Nacionalista Galego.
Coa publicación o martes 19 de maio do anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, da modificación non substancial da autorización ambiental integrada dáse un novo paso para que AUCOSA, se manteña en Cabanas. No momento en que o BNG, coñeceu esta circunstancia, trasladoulle toda a información ao Colectivo de Veciños e Veciñas, quen descoñecían desta circunstancia. O Concello estaba informado dende mediados de marzo.
A empresa conta con beneplácito de diversos entes e administracións. Recordemos como o Partido Popular, a traverso do exalcalde Javier Bas, mesmo convocou unha asemblea veciñal, para defender os beneficios que a ampliación desta industria, iba a supoñer para esta parte do concello. O mesmo PP, defende a traverso da Autoridade Portuaria, que AUCOSA, amplíe a produción industrial, construíndo no futuro unha nova factoría nos terreos competenza deste ente. Dende hai anos o Bloque Nacionalista Galego vén denunciando a consolidación dun proxecto de elaboración de fariñas, que produce emisións de fedores, e conseguintes molestias sobre a veciñanza de Rande, Cabanas, parte de Chapela. Ademáis de manter periódicas xuntanzas cos afectados e afectadas, no mes de novembro o voceiro municipal, Xoán Carlos González presentou unha alegación ao proxecto constructivo dunha nova factoría. Daquela nin o Concello, a traverso da concellaría de medioambente, nin a alcaldesa, ou a título particular AER, PSOE, PP, presentaron ningunha alegación.
Polo medio a veciñanza organizada, cansa xa de que a empresa sempre se saia coa súa. Cómpre poñerse ao seu caron de verdade, e non agardar a que teñan que mobilizarse ou presentar denuncias continuamente para que se sancione a AUCOSA. No BNG, traballamos e seguiremos traballando para que esta factoría se reubique a terreos industriais. Seguiremos traballando para que as condicións de vida dos veciños e veciñas siga mellorando. Seguiremos traballando para a recuperación medioambiental da Ría e da Enseada.