Rexeitamento do BNG de Redondela ao proxecto do Celta en Mos.

dav
O comercio local é un motor económico moi importante en Redondela
Segundo o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González: “Debemos estar ao lado dun sector cun futuro incerto”.
Rexeitamento do BNG de Redondela ao proxecto do Celta en Mos.

Na sesión ordinaria do Pleno da Corporación redondelá, debatirase unha moción asinada polo voceiro nacionalista “rexeitando o Macroproxecto Comercial do Celta no veciño concello de Mos, e en defensa do pequeNo comercio”.

Dende o BNG, entenden que a proliferación de grandes superficies comerciais na área de influencia da cidade de Vigo, “poden supoñer o peche definitivo de centos de pequenos comercios, e a desaparición de miles de postos de traballo”. “A grave crise por mor da extensión da epidemia do COVID-19, supuxo a parálise da actividade comercial durante dous meses, situación que se vai a ver agravada no futuro inmediato”, sinala o edil nacionalista.

Aposta por tomar  iniciativas que afecten á Área Metropolitana de Vigo, en defensa do comercio local.

O Proxecto promocionado polo Celta de Vigo pretende expropiar 183.715 m2 pertencentes ao monte en man común de Tameiga (18,7% do ámbito) e 145.251 m2 propiedade da CMVMC de Pereiras (14,8% do ámbito), terreos que perderían a súa función eminentemente social e ambiental pasando a formar parte du negocio especulativo privado.

Para o BNG este proxecto constitúe un claro exemplo de pelotazo urbanístico, con nefastas consecuencias para o pequeno comercio e de proximidade de Redondela, empregando como subterfuxio unha suposta “necesidade deportiva” para instalar unha grande área comercial. Está prevista a construción de 142 locais comerciais, 12 de restauración e varios “de lecer”. No canto de utilizar a planificación urbanística para favorecer a especulación e a desfeita do territorio, débese promover unha ordenación racional e a protección dos usos sociais do monte.

O voceiro municipal redondelán denuncia a actitude do Partido Popular e do goberno da Xunta que, dende hai décadas “defende a instalación destas grandes superficies comerciais en competenza desleal co comercio de proximidade”. Prantexa, Xoan Carlos González,que o concello demande da Xunta unha moratoria por dez anos, para a instalación destas grandes superficies comercias na área de Vigo.

“Dende o BNG apostamos por promocionar o pequeño comercio, o comercio de proximidade, de calidade, xerardor de empregos e riqueza, ademáis de dinamizador da economía local e da vida en concellos como Redondela”.

Rexeitamento do BNG de Redondela ao proxecto do Celta en Mos.