O BNG valora moi negativamente a xestión dos catro anos do goberno Bas.
Para o BNG, a xestión de Javier Bas, non atendeu ás necesidades dos veciños e veciñas de Redondela.
Xoán Carlos González, considera que a o goberno municipal , reduciu a inversión en políticas do benestar, para gastala en obras. Recorda que o remanente de crédito do 2011, achegouse aos 2.000.000.
As informacións vertidas nestes días por parte do goberno de Javier Bas, non sorprenden na organización nacionalista, posto que se refiren ao saldo da xestión económica, sen pasar polo filtro da acción política e da rendibilidade de carácter social. Sinala neste senso que o goberno de Javier Bas actuou de costas ás verdadeiras necesidades dos veciños e veciñas de Redondela.
Segundo o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González atopáronse con máis cartos dos que deixan, ao se referir a que o alcalde Javier Bas, asinou unha resolución na que se recollía un remanente do ano 2011 de 1.898.407,35.
Para o concelleiro do BNG, a actuación deste goberno consistiu en abandonar as políticas que máis se achegaban ás persoas, para mitigar o impacto da crise económica que está a afectar a numerosas familias do noso concello. Afirma que pola contra, centraron a súa inversión en obras de dubidosa rendibilidade e mesmo chegaron á privatización encuberta dalgúns servizos, como a limpeza de cunetas, ou en parques e xardíns.
Segundo Xoán Carlos González, o goberno de Javier Bas creou algunhas partidas que nunca esgotaron, referíndose aos 60.000 de emerxencia social, ou comedores escolares, ou mesmo subindo as taxas do Servizo de Axuda no Fogar. Claramente utilizaron os servizos sociais para facer caixa.
Recorda como outras partidas que incidían directamente na vida dos veciños e veciñas de Redondela, tamén viron conxeladas as asignacións dedicadas. Sitúa neste capítulo, o concelleiro nacionalista, partidas como as axudas ás ANPAs ou a autoxestión dos colexios. Namentres, outras foron directamente eliminadas como no caso dos 40.000 anuais para axudar ás Comunidades de Augas das parroquias.
Faise eco, Xoán Carlos González, entre outros éxitos do goberno de Javier Bas, que non lle asumise a paga extra do ano 2012 aos traballadores e traballadoras do Concello.
Neste epígrafe de gastos de dubidosa rendibilidade, detense o concelleiro nacionalista nos orzamentos participativos. Despois de investir en tres anos 400.000, a pegada desta inversión, considéraa de relativa incidencia. Ademais serviu para que moitas actuacións que tiña que realizar o Concello, porque era a súa obriga, se incluíran nestes orzamentos, permitíndolles novamente facer caixa cos cartos de todos e todas.
En canto ás asignacións a concelleiros e concelleiras, esquece o alcalde, que os voceiros municipais da oposición rebaixáronse en 200 mensuais a súa asignación, o que supuxo algo máis de 7.000 anuais de aforro. Pola contra, a secretaria do alcalde, exerceu no organigrama do goberno, un papel de control político, e de maior poder que algúns concelleiros e concelleiras. Trátase dunha persoa non electa, que ven cobrando 26.000 anuais das arcas do Concello, remata na súa nota Xoán Carlos González.