Casa de Apostas: A Xunta mide “a favor da empresa”; o Concello, non recorre.

Operarios traballando na cas de apostas durante a corentena.
Operarios traballando na casa de apostas durante a corentena.

As obras no local, continuaron malia o confinamento ao que se somete a meirande parte da poboación. A acta da medición emitida pola Xunta, “ está orientada a beneficiar á empresa”, mentres que o Concello non presentou ningún tipo de alegación á mesma.

Casa de Apostas: A Xunta mide “a favor da empresa”; o Concello, non recorre.

As obras para a posta en marcha da Casa de Apostas a escasos metros da zona escolar e deportiva de A Marisma, seguiron adiante no últimos días. Aproveitando o confinamento ao que foi sometida a meirande parte da poboación e ao adiamento das concentracións diante do local da rúa Ernestina Otero, a empresa non tivo ningún miramento para “cumprir os prazos”.

Por outra banda, nas últimas semanas fomos coñecedores da acta que a dirección xeral de emerxencias remitiu ao Concello. Este non lla facilitou ao Bloque Nacionalista Galego, quen presentou, a través do seu voceiro municipal, Xoán Carlos González, unha Alegación a dita Medición.

No documento, recóllese o esbozo sobre dita medición, “que beneficia claramente á empresa”, en palabras do voceiro nacionalista. Na mesma xustifican que a distancia entre o local e o acceso ao Conservatorio e Escola de Música, supera os 150m. “Para fundamentar a decisión, realizan a medición tendo en conta varios pasos de peóns, claramente en contra do que recolle o Regulamento”.

 

Pola súa banda o edil do BNG, sinala que aínda queda aberta unha mínima posibilidade de que non se conceda a autorización por parte da Dirección Xeral de Emerxencia e Interior. O goberno de PSOE/AER, podería ter dado as instrucións aos técnicos para que recorrerán tal medición; ademais tampouco está claro que se poidan entender como accesos á zona escolar, pois o alumnado ten que pasar si ou si por un vial a menos distancia da estipulada para chegar aos centros educativos”.

 

Finalmente recordan dende o BNG, que a posibilidade dun cambio no goberno da Xunta de Galiza, levaría implícito un novo estudio da autorización, ditando instrucións para unha medición suxeita ao Regulamento.

Casa de Apostas: A Xunta mide “a favor da empresa”; o Concello, non recorre.