O Concelleiro de Medio Ambiente de Redondela,segue manifestando a súa incapacidade.

O Concelleiro de Medio Ambiente de Redondela,segue manifestando a súa incapacidade.

Trala denuncia do BNG, o goberno municipal non deu xustificado a intervención.

 

Falla de criterio do goberno de Javier Bas, na preservación dos nosos ríos. Ese foi o motivo da denuncia do uso de maquinaria para o dragado duns 100 metros do río Maceiras, ao seu paso polo Salgueiral. A resposta dada nos medios de comunicación, somentes poden convencer, ou aos votantes do PP, ou a aqueles que se amosan máis insensíbeis nesta materia.

Por unha banda, o concelleiro fala de que o concello somentes gastou 3.000 euros. Na denuncia do BNG, recollíase que no programa europeo, invertíranse 15.000, como así o acreditan as facturas. Hai unha subvención duns 10.000 euros e o resto de fondos propios do concello. Pero o que nos vén a dicir o concelleiro de medioambente, é que como non son cartos direitamente gastados polo concello, e veñen vía subvención, pois o pecado non é tan grande. Indigna chegar a un razoamento desta índole, no que se está a facer uso de cartos públicos.

Existen precedentes neste sentido. Nos inicios do mandato, organizáronse unhas xornadas sobre cooperativismo en Negros, sufragadas igualmente con fondos públicos. Fomentouse a idea de que o cooperativismo, e a explotación da mazá, podían ser unha vía de desenvolvemento económico no Val do Maceiras. Mais, despois de aprobar que nos terreos ocupados polas obras do AVE, se puideran desenvolver estas iniciativas, o goberno de Javier Bas, non moveu nin un dedo. Máis ben todo o contrario, puxo paus na roda desta iniciativa.

Fálase tamén da necesidade de dragar esta parte do río, para evitar enchentes. Podemos estar de acordo nesta “medida preventiva”, a pesares de que o risco é igual en diversos tramos do mesmo. Mais as actuacións, por insignificantes que parezan, deben vir ben avaladas, e minimizando a intervención, cousa que neste caso non se fixo.

Existe unha parte da fauna e flora do río, que víu alterado o seu desenvolvemento. Pode parecer que este espazo careza de interese, máis para o BNG, si que o tén.

Concordamos dende o BNG, na necesidade de seguir inculcando ao conxunto dos veciños e veciñas os valores medioambientais dos nosos ríos, pero sempre seguindo unha boa planificación. Isto implica un traballo ben estructurado, unha sensibilización dende os poderes públicos, e un compromiso firme pola defensa do noso medio natural.

O Concelleiro de Medio Ambiente de Redondela,segue manifestando a súa incapacidade.