Europeas 2014O BNG comprométese a traballar no Parlamento Europeo para a recuperación do Estreito d
No Acto Público que a parlamentaria do BNG en Bruxelas mantivo con representantes da Plataforma da Enseada, destacou a necesidade dunha recuperación integral das nosas Rías. Para Ana Miranda, as Rías Galegas constitúen un dos recursos de maior futuro para o desenvolvemento económico da Galiza. Non só pola súa riqueza mariña, ou a súa beleza paisaxística, senón tamén como un para unha explotación racional e sustentábel.
Para acadar este obxectivo, cómpre unha recuperación das propias marxes das Rías, e a mellora da calidade das súas augas. Destacou, no encontro ao que tamén acudiron veciñ@s a título particular, a necesidade de que o conxunto da sociedade volva a mirar para as Rías como un recurso de desenvolvemento futuro, que cómpre coidar dende xa.
Unha das medidas que considera indispensábel a europarlamentaria baséase na redución dos verquidos incontrolados á auga. De igual xeito a reubicación a áreas industrias daquelas empresas que se atopan na beiramar.
Recuperación da beiramar en Rande.
En liña con esta estratexia marcada polo BNG, a Asemblea Local de Redondela, marcouse como obxectivo a recuperación da beiramar na zoa do Estreito de Rande. Os constantes aterros que ao longo dos anos se veñen realizando neste espazo, incidiron moi negativamente tanto na renovación das augas como das propias marxes da Enseada S. Simón.
Consideran inaudito dende o BNG, que tratándose dun espazo ubicado dentro da Rede Natura 2000, aínda poida haber empresas neste entorno. Destacan que algúns espazos, algúns peiraos, carecen de actividade dende hai varios anos. Imos demandar no Parlamento Europeo que se faga un seguimento desta situación, que se force a levantar os aterros, e recuperar a beiramar orixinaria. Somentes a presenza de Ana Miranda na eurocámara pode garantir que se teña en conta esta realidade, afirman dende a forza nacionalista.
O BNG xa ten tomado diversas iniciativas nos últimos anos neste sentido. No seu momento, presentáronse alegacións ao Plan de Usos do Porto de Vigo, para a desafección de terreos ociosos ubicados dentro da Rede Natura 2000, Enseada de San Simón.