O goberno de Javier Bas insiste en desacreditar aos traballadores e traballadoras municipais.

O goberno de Javier Bas insiste en desacreditar aos traballadores e traballadoras municipais.

Non vai ser alleo o Partido Popular de Redondela, a esa dinámica ficticia, mais, interesada, creada sobre os empregados públicos, funcionarios ou contratados. A dereita ideolóxica, pero tamén a económica cargaron tradicionalmente contra o papel da administración e dos traballadores e traballadoras públicos. Este discurso ultra, callou nestes anos de crise, mesmo entre sectores considerados da esquerda.

Neste aspecto o goberno de Javier Bas actuou dende o primeiro momento nunha especie de doma dos traballadores e traballadoras municipais, principalmente dos que desenvolven a súa actividade  na rúa. Un papel perfectamente realizado pola concelleira de parques e xardíns.

Nestes anos, existiu unha praza de inspector medioambiental, operativo as vinte e catro horas do día. Responsabilizábase de xestionar calquera tipo de incidencia, ou eventualidade que xurdira no termo municipal e tivera que ver con esta área. Ademais realizaba control e seguimento daquelas actividades nas que o Concello si podía incidir.

Dende hai máis dun ano dita praza foi asumida por persoal con outras funcións. No canto de que houbera un/ha responsábel de entre o persoal municipal que se encarregara destas tarefas, preferiron sementar a

desconfianza. A falla de planificación e a descoordinación, caracterizan unha vez máis ao goberno municipal.

A desconfianza do equipo de goberno nos empregad@s municipais , súmase coa falla de organización e planificación que o caracteriza.

Para o equipo de Javier Bas tanto o GRUMIR, como a policía local, teñen que encargarse de elaborar informes sobre incidencias medioambientais. Non queren a ninguén parado, aínda que desempeñen funcións para as que non foron creados.

O BNG, vai seguir combatendo este discurso da dereita, no que utilizan a administración en beneficio propio para, paralelamente, ir afondando de desprestixio  aos empregad@s municipais.

O goberno de Javier Bas insiste en desacreditar aos traballadores e traballadoras municipais.