O goberno de Javier Bas, pón á policcía local a traballar para o PP.
O alcalde de Redondela, e o concelleiro de Interior, Arturo González, cursaron ordes para que se elaboraran informes sobre a Campaña Eleitoral de NÓS-Candidatura Galega.
Ata en dez ocasións foi apercibido NÓS, por parte da Xunta Eleitoral de Zoa, para que procedera á retirada de propaganda eleitoral. As denuncias partían dos informes elaborados pola policía local de Redondela, a instacias do alcalde, Javier Bas, e do concelleiro de Interior, Arturo González.
Deste xeito, a policía local de Redondela, foi obrigada a traballar a prol dos intereses do Partido Popular de Redondela. Empregar traballadores municipais, para elaborar informes, en base a unha orde dos seus superiores do Concello, constitúe un feito sen precedentes en Redondela. Hai un antes e un despois de Javier Bas.
O absurdo destas denuncias populares, agrávase aínda máis polo feito de que o material que obrigan a retirar é material aéreo, que se pode recoller en calquera momento. Mais isto non lle importa a esta auténtica apisonadora antidemocrática que temos en Redondela. Baixo o lema de todo el peso de la Lei recaerá sobre ellos, non escatiman esforzos, e recursos públicos para impoñer a súa Lei.
Noxenta e cobarde. Deste xeito podería calificarse esta campaña do goberno de Javier Bas. Carece da valentía necesaria do PP de Redondela, de dar a cara e presentaren direitamente as súas própias denuncias. Tamén recordar, que sería a primeira vez que o concelleiro de Interior leva a cabo unha Campaña, que dea chegado ata o fin.
Nada se pode agardar, dunha organización moi pouco democrática como o Partido Popular. Pretenden converter Redondela, nun recuncho caciquil. NÓS ÍMOSLLES PARAR OS PÉS.