O GOBERNO MUNICIPAL DE REDONDELA GASTOU 1.200 EUROS NA RETRANSMISIÓN DA FINAL DA EUROCOPA.

O GOBERNO MUNICIPAL DE REDONDELA GASTOU 1.200 EUROS NA RETRANSMISIÓN DA FINAL DA EUROCOPA.

O pago de mil douscentos euros para a retransmisión da final da Eurocopa, no pavillón de Chapela, costeados a cargo das arcas municipais, constitúen un feito sen precedentes. Poida que o cargo non sexa de grande importancia, para o montante dos orzamentos municipais. Mais existen dous feitos que o Grupo Municipal do BNG quere denunciar explícitamente.

Cando dende o goberno do Partido Popular, se repite de xeito machacón que estamos en tempos de austeridade e rigor no gasto, ata poderiamos estar de acordo no fondo da cuestión. Cando se gastan con esta finalidade, non podemos deixar de destacalo como un feito de extrema gravidade.

Doutra banda continúa o “anxelical” goberno de Javier Bas, a estratexia españolista marcada dende Madrid. A todopoderosa selección de balompé, de xogadores profesinais que contan entro os soldos máis altos do mundo, cuio caché aumentou enormemente, onde se volcan empresas e gobernos, cunhas primas ás que non renunciaron, nin renunciarán, debe ser promocionada tamén dende o concello de Redondela.

Trátase dun exemplo máis de que ao goberno municipal do PP, non lle doen os cartos. Catro mil euros para cambiar palmeiras, pagar vehículos do concello para uso de concelleir@s, mil dous centos para promocionar á selección española. Un novo suma e segue, nun balanzo do goberno municipal moi pobre. O Grupo Municipal do BNG vai continuar traballando para sacarlle a máscara a este “cándido equipo de goberno”.

O GOBERNO MUNICIPAL DE REDONDELA GASTOU 1.200 EUROS NA RETRANSMISIÓN DA FINAL DA EUROCOPA.