O Grupo Municipal do BNG, forza unha Comisión urxente de Deportes.
Pretendíase coñecer os criterios da concellaría para a dotación de horarios das instalacións deportivas.
A piques de rematar o mes de setembro o GM do BNG, a traverso do seu concelleiro Xoán Carlos González, solicitou unha xuntanza urxente da Comisión de Deportes. Xustificábase dita petición nas demandas dalgún clube deportivo, de instalacións para poder desenvolver a súa actividade. Ademáis considerábase que aínda se estaba a tempo neste mes, de poder introducir as modificacións horarias pertinentes.
O aspecto máis importante a tratar durante a mesma xuntanza, constituíno o que o concelleiro de deportes, Jesús ... expuxera os criterios fundamentais no que se baseou para a dotación de horarios e espazos. Dende o BNG pretendíase saber en que aspectos se fundamentara o concelleiro para que o deporte base, principalmente, tivera cubertas as súas demandas e necesidades.
O concelleiro de deportes informou na comisión da necesidade de uso de pavillóns deportivos municipais, ademáis dos de titularidade da consellaría de educación, principalmente dos institutos. Evidenciouse a insuficienza para dar resposta á demanda de espazos, para disciplinas que traballan dende a base, mesmo dende os colexios, como balonmán, baloncesto, tenis, fútbol sala, patinaxe, mesmo natación.
A conclusión final, despois dunha chea de explicacións resúmese en que dende a concellaría non existe prácticamente ningún criterio para organizar ditos horarios. Por outra banda evidénciase, como manifestou o concelleiro nacionalista, que debido a importante número de disciplinas deportivas de base que para a súa práctica necesitan de espazos cubertos; o concello de Redondela necesita dun novo pavillón con urxencia. Recordou que no Plan Marisma +, xa se contemplaba unha partida para este fin, e que mesmo coa Dirección Xeral de Deportes do bipartito, xa se iniciaran negociacións.