Un local para un traballo militante.
Son numerosos os esforzos, que a cotío se lle pide á militancia do Bloque Nacionalista Galego en todo o País, e singularmente en Redondela. Sen restar importancia aos resultados electorais, o traballo social de base, constitúe un dos piares sobre os que se asenta un verdadeiro Proxecto Transformador para Galiza.
Neste tempo mantivémonos activos traballando polos dereitos lingüísticos, da sanidade pública, da igualdade das mulleres, da defensa do dereito a decidir dos pobos que conforman o estado español,... Redondela aportou capital humano a estas movilizacións constantes prantexadas dende o nacionalismo.
Fuximos do oportunismo e dos cantos de serea da “nova política”, da “política 2.0”, que se moviliza arredor do rato dun ordenador. Hoxe en día a verdadeira rebeldía, constitúea o nacionalismo, como resposta a un sistema presuntamente democrático, herdeiro dunha ditadura.
A constancia e perseverancia da militancia de Redondela, viuse reflexada, no traballo plantexado dende a organización local nestes anos. Un traballo xeneroso, sen contraprestacións, respectuoso, comprometido.
Un dos exemplos desa xenerosidade, constitúeo o mantemento dun local en Redondela. Un recurso máis para facer política ao longo de todo o ano. Enfrontamos diversas citas electorais, con encontros con colectivos, veciños e veciñas, Asembleas Locais,... O mantemento deste local corre, en grande medida, das aportacións voluntarias da militancia, que ademais de enfrontar as cotas ordinarias, colabora con cotas extras para a vida organizativa do BNG. A decisión da Asemblea Local é a de manter aberta a sede do BNG en Redondela. Non temos nada que ocultar, todo o contrario, constituímos un exemplo de normalidade democrática coa que o PP, e os seus acólitos pretenden acabar. Non o conseguirán.
A militancia de Redondela, exemplo de lealdade, xenerosidade, confianza, firmeza, respecto democrático, compromiso político. Aquí imos continuar. Animámosvos a formar parte deste grupo excepcional, e participar do noso Proxecto, o Proxecto do BNG, o mellor Proxecto para Redondela, o mellor Proxecto para Galiza.
NOTA- A lei impide que se realicen aportacións directamente da militancia na conta do Grupo Municipal. As aportacións do Concello, son a trimestre vencido, e en ocasións tardan un mes en executarse. O BNG nacional adianta os cartos para todos os gastos. Unha vez recibidos os ingresos do concello, transfírese 750€/trimestre. O a diferenza de gastos mensual, o BNG cárgaos como cota extra a aqueles militantes que libremente deciden facer aportacións para sufragar este déficit que anualmente chega aos 1.416€
Dende o BNG renunciamos a outros gastos como pago de móbiles, internet, xestión de páxina, “formación”, realización de actos, que si van incluídos na ordenanza negociada por AER e PP, para conseguir aprobar os orzamentos do 2018.