Manifestación contra a Lei de Acuicultura: o goberno de Feijóo, forzado a retirala.
Para o BNG, supuxo unha nova demostración da dignidade coa que os homes e mulleres do mar, loitan por defender un sector, QUE TÉN FUTURO.
A organización nacionalista, non só participou activamente na loita contra esta Lei por tratarse, o do mar dun sector estratéxico, senón pola preservación do noso medio natural, e manter as Rías como ben do pobo galego.
Cómpre pois dar os nosos parabéns, a todos aqueles coleitivos e particulares, que movilizaron a ducias de miles de galegos e galegas, a expresar o seu rexeitamento da Lei de Acuicultura, en Compostela. Confrarías, organizacións en defensa do medio, o BNG, e outras forzas políticas, cidadáns a título particular,... converteron a convocatoria en todo un éxito.
E todo isto, malia a campaña montada dende o Partido Popular, en contra desta movilización. Tamén en Redondela, teatralizou o vello discurso, de que a Lei non é cousa deles. Trátase de cousas de Santiago, que pouco teñen que ver con nós. É dicir, cando lle vén en contra, o goberno de Javier Bas, trata de despolitizar calquera iniciativa, que teña resposta social.
A unidade de todos os sectores en defensa do noso medio mariño, acadaron un éxito difícil de acadar. A Xunta de Galiza, retirou o anteproxecto de Lei de Acuicultura forzada pola presión social, en contra das políticas pequeiras de Rosa Quintana e Núñez Feijóo.
Os berros que se escoitaron na Quintana foron ben clarificadores: Conselleira, demisión!, A culpa de quen é?... do goberno do PP! Consignas que van poñer freo, sexa quen sexa quen pretenda acabar co noso mar.
O BNG de Redondela, súmase á petición popular da demisión da Conselleira.