Moción do BNG de Redondela en defensa dos/das traballadores/as de Pescanova.
Nas últimas semanas tivose coñecemento, a través dos medios de comunicación, da grave situación que atravesa unha empresa punteira no seu sector e que ten a sede central no noso concello. Estamos a falar de Pescanova, unha empresa galega, con filiais e producción externalizada en diversos países do mundo.
Pescanova conta con 85 buques factoria e con 25 plantas de procesado, cemprega a máis de 1.000 traballadores/as en Galiza e que ascenden a máis de 8.000 en todo o mundo. Tamén podemos engadir os máis de 5.000 postos de traballo indirecto no noso país.
Esta empresa ten recibido en múltiples ocasións axudas públicas do goberno galego desde que en 1995 se lle inxectaran 42 millóns de euros para evitar a súa compra por parte de Unilever.
Pois ben, neste mes de abril a empresa presenta concurso de acreedores e os seus propios xestores ven como, 10 días antes , Fernández de Sousa procedía a suprimir o consello de administración para pasar a contar cun administrador único. Tamén parece ser que o presidente do consello de administración vendeu accións e filiais utilizando información privilexiada.
Neste momento o futuro da compañía está no aire e os traballadores e traballadoras, moitos deles veciños do noso concello, ven peligrar o seu posto de traballo, polo que xa teñen anunciado mobilizacións para as próximas semanas.
Por este motivo e tendo en conta o grave problema que suporia, para o noso concello e para Galiza, o desmantelamento dunha empresa punteira como Pescanova é polo que o GM do BNG solicita do Pleno da Corporación de Redondela a adopción dos seguintes
ACORDOS
- O Pleno da Corporación de Redondela solidarízase cos traballadores/as de Pescanova e das súas filiais e apoia as mobilizacións que decidan levar a cabo na defensa dos seus postos de traballo.
- O pleno da Corporación Municipal de Redondela insta á Xunta de Galiza a poñer en marcha medidas que sirvan para manter a galeguidade da empresa e os postos de traballo.