As mulleres, referente na conformación da Candidatura do BNG-Asembleas Abertas.
Once das vinte e catro persoas que conforman a lista que aparecerán na papeleta do BNG-AA, serán mulleres. Unha presenza relevante na Candidatura, reflexo do referente que constitúen no proxecto que para Redondela representa a forza nacionalista.
Xunto ao voceiro nacional, Xavier Vence, intervirán a número dous, Yesica García, Pilar Sotelino e Cecilia Pérez, na presentación que se vai levar a cabo no Multiusos de Chapela, o venres 24. Representan, as tres, un dos piares sobre os que se asenta unha parte moi importante do discurso nacionalista: as mulleres deben asumir un papel relevante na vida política e social de Galiza.
Nesta Candidatura, participan outras compañeiras que están asumindo grande relevancia no eido cultural, sindical, asociativo de Redondela. Para elas, a participación en política convértese nun paso máis cara a visualizar a loita polos dereitos das mulleres
Trátase de transformar a sociedade no seu conxunto. As políticas auspiciadas pola dereita máis reaccionaria, plasmadas no Partido Popular, pretenden volver a levar ás mulleres a desenvolver un papel secundario. A reforma do Aborto, a reforma laboral, a crise e o desemprego, están abocando a moitas mulleres a teren que asumir o papel de coidadora de fogar. En fronte, o BNG, e o conxunto da sociedade galega, apostando por unha maior implicación onde se decide o futuro do noso País e da muller.
A relevante presenza da militancia redondelá en mobilizacións e accións reivindicativas a prol dos dereitos da mulleres, tradúcese nunha Candidatura cremalleira. Concentracións diante do concello de Redondela, aportacións ao Consello Municipal da Muller, apoio e presenza en mobilizacións a favor dos dereitos reprodutivos da mulleres, participación en actos e mobilizacións no Marzo Muller.
As mulleres volven ser referentes na Candidatura que se vai presentar o vindeiro 24 de abril. Van asumir un papel moi relevante, na conformación do novo goberno municipal. O BNG-AA, constitúe a expresión de seguir traballando e loitando polos dereitos que como mulleres e como galegas, lles/nos corresponde.