BNG-AA de Redondela: Temos a Candidatura para desenvolver o Proxecto.
O candidato á alcaldía de Redondela, agarda que a presentación oficial da Candidatura do BNG-Asembleas Abertas, sexa o preludio dun novo goberno en Redondela. Afirma que encabezar este grupo de homes e mulleres, constitúe todo un reto e unha grande responsabilidade, mais amósase tranquilo, porque as propostas e as responsabilidades son colectivas.
Yesica García, Anxo Lusquiños, Ana Santomé, Roi Grande, Pilar Sotelino, Roberto Cabaleiro, Teresa Muíños, Brais Ferreiro, Gabriela Álvarez, David Couñago, Lucía Martínez, Antón Campos, Eva Amoedo, Daniel López, Mari Ánxeles Babarro, Ramón Iglesias, Rosa Costas, Sabino Amoedo, Manuel Campos, Cecilia Pérez, Agustín González, María Vidal e Xavier Balsas, son as persoas, veciños e veciñas de Redondela, que conformarán, xunto a Xoán Carlos González, a Candidatura do BNG-AA.
Para o cabeza de lista, trátase dun grupo de homes e mulleres, que representan grande parte da sociedade redondelá, e da sociedade galega: empregad@s do sector industrial, mulleres implicadas no movemento asociativo, mozos e mozas formándose na universidade, persoas tamén vítimas da crise económica, xente do mundo do deporte e do sindicalismo, xubilados, persoas con compromiso político, ou persoas que teñen desenvolvido responsabilidades na xestión de diversas entidades. Xente que aposta polo nacionalismo, como recurso transformador, apegado á terra e ao pobo.
No acto de presentación que vai ter lugar no Multiusos de Chapela, e na que contará, entre outras, coa presenza do voceiro nacional, Xavier Vence, poñeráselle cara aos nomes. Nomes de persoas, que apostan por un Proxecto de Concello, que en Redondela, soamente se desenvolveu en parte. Non imos enganar a ninguén, a nosa é unha vocación de gobernar, para poñer o concello ao servizo dos cidadáns.
A pegada do BNG en anteriores gobernos municipais, pode valorarse, de xeito xenérico como moi positiva, mais existen moitos campos de actuación onde a nosa idea de concello, aínda debe iniciarse, considera Xoán Carlos González. Para iso contamos cun grupo de homes e mulleres que conforman esta Candidatura, mais a transformación que Redondela merece, debe vir dun traballo común con colectivos e coas persoas.
Dende o BNG-AA, afirmamos que en Redondela existe un importante capital humano, coa suficiente capacidade como para participar deste Proxecto de cambio. Apostamos por aglutinar ese capital, abandoando os egos persoais, poñendo o interese colectivo, o interese común como prioridade para mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas. Estamos nunha situación de crise e de emerxencia, que vai querer ser aproveitada polos poderes económicos e mediáticos, para consolidar a perda de dereitos colectivos. Nós, dende o BNG-AA, enfrontámonos a esas dinámicas, por iso participamos en política.
Dende o BNG-AA, agárdase unha importante afluencia de veciños e veciñas ao acto de precampaña, no Multiusos de Chapela. Sen apriorismos, sen complexos, sen prexuízos. Estamos para construír e consolidar un Proxecto, no que a nosa Candidatura soamente constitúe unha instrumento para poñelo en marcha.