Xoán Carlos González 750.000 , na renovación de parques infantís, carece de xustificación"
A solicitude, do goberno de Javier Bas doutros 41.000 de Fondos Europeos, para a renovación de tres parques infantís, obedece unicamente a intereses electoralistas.
Segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, a renovación total das áreas de xogos infantís, converteuse nun dos capítulos de inversión máis importantes deste goberno municipal, o que non ten lóxica ningunha. Considera que non existe ningún tipo de xustificación para que se dilapidaran fondos públicos desta maneira.
En contra do manifestado pola concelleira de parques e xardíns, non existe ningún informe dos técnicos municipais, no que se recolla a necesidade deste cambio. O único que existe son os escritos da concelleira, que valora persoalmente que se deben cambiar, e así se fai
Para o concelleiro do BNG, trátase dunha mostra de que detrás da palabrería do goberno de Javier Bas, unicamente se actúa seguindo intereses particulares e partidistas. Continúa na súa nota afirmando que xogan cos fondos públicos, sen respostar realmente ás verdadeiras demandas e necesidades dos veciños e veciñas de Redondela. Nin comedores escolares, nin axudas a emerxencia social, nin emprego de calidade, nin infraestruturas prioritarias, afirma. Unha actuación no goberno que unicamente, obedece a intereses particulares e partidistas.
Exemplifica esta situación de gasto sen miramentos, na recente remodelación do parque infantil da Alameda. Tratábase dun parque, con apenas seis anos, no que se investiron 195.000 ; no canto de crear zoas de esparcemento noutras partes de Redondela, como no caso de Os Eidos.
Agora solicitan máis de 41.000, a traveso da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, procedentes dos Fondos Europeos, para a renovación de tres parques infantís. Segundo os nosos cálculos a inversión do goberno de Javier Bas en menos de catro anos, supera os 750.000. Inversión totalmente inxustificada, cando existen outras demandas e outras prioridades ás que o goberno municipal debe dar resposta.
Inversións en parques infantís mandato 2011/2015
Parque | Cantidade |
A Xunqueira- | 85.000,00 |
Varios parques infantís: Quintana, Praia Cesantes, Campo da Festa Reboreda, | 70.000,00 |
Espazos convivencia no rural: Xogo dos Bolos, Salgueiral, Quintela (biosaudábeis) subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural | 54.000,00 |
Parque infantil Porto Cabeiro | 4.700,00 |
Reparación parque Pousadouro | 3.115 |
Traslado Biosaudábeis Salgueiral | 5.000 |
Reparación Parque Igrexa Cesantes | 2.454 |
Reparación Parque Quintela | 3.017 |
Reparación Parque Colexio A Marisma | 1.300 |
Reparación Parque A Marisma | 1.000 |
Reparación Centro Cultural O Viso | 4.585 |
Parque Cedeira (Centro Cultural) | 3.115,00 |
Pista Vilar (estrada provincial) | 8.500,00 |
Alameda Redondela | 195.000,00 |
Alameda Chapela | 120.000,00 |
Parques en varias parroquias: Vilar, Cesantes, Chapela, Trasmañó (A Lamosa) | 162.000,00 |
Reparación parques infantís no Multiusos de Chapela, no Escredo e na Texeira (O Viso) | 41.322 |
TOTAL | 764.100 |