Mari Carmen Amoedo, converte o Consello Parroquial de Negros nun mitin de Campaña.
Asume o papel de membro do goberno, cando unicamente se trata dunha representante do Partido Popular. Dende o BNG, consideramos que se trata dun novo capítulo do papel que Javier Bas, e os seus, lle imprimiu aos Consellos Parroquiais.
Na celebración do derradeiro dos Consellos Parroquiais do presente mandato, convocado na parroquia de Negros, debatéronse os orzamentos participativos.
Nesta xuntanza, volveuse escenificar o papel que o Partido Popular lle asigna aos órganos de representación veciñal: a de mero transmisor das iniciativas do goberno de Javier Bas. Segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, no canto de seren o presidente do Consello quen prantexe as propostas e iniciativas do goberno, trátase do representante do PP, quen leva a voz cantante.
Neste sentido destaca que se incumpre totalmente o regulamento dos consellos parroquiais, nos que cada forza política debe desenvolver o papel que se lle asigna. Trátase, unha vez máis, de que o PP fagocita as institucións e órganos de representación en beneficio propio.
Neste papel, destaca Mari Carmen Amoedo, que exerce como representante do Partido Popular en diversos Consellos Parroquiais, como o de Cedeira ou Negros. O último dos espectáculos protagonizouno durante o derradeiro Consello Parroquial de Negros, onde ninguneou constantemente ao presidente, Julio Alonso, co que se demostra quen manda verdadeiramente no PP de Redondela.
O último destes Consellos converteuse nun verdadeiro mitin do Partido Popular. A representante desta forza, Mari Carmen Amoedo, era a encargada de enumerar todas e cada un das obras do goberno de Javier Bas, mesmo aquelas non realizadas, competencia doutras administracións.
Trátase unha vez máis de que o PP, pretende facer súas as institucións, dende a Xunta de Galiza, pasando polas Deputacións e os concellos, ata os Consellos Parroquiais, como os de Redondela, afirma Xoán Carlos González. Acreditamos en que a partires do 24 de maio, o conxunto da cidadanía redondelá, moi comprometida cos dereitos dos veciños e veciñas, vaille dar un cambio de rumbo ao goberno municipal de Redondela. Existe un importante capital humano no noso Concello que o BNG vai aglutinar, que rexeita frontalmente o caciquismo que representa o PP, conclúe.