Na violencia contra as mulleres, cómpre a unidade.
O Pleno de Redondela apoiou unha moción do BNG co fin de que tódalas forzas políticas actuemos unidas.
Considerar a violencia de xénero como unha das lacras que a nosa sociedade debe erradicar, constitúe un dos principios básicos de acción do Bloque Nacionalista Galego. Neste sentido, cando se asumiron responsabilidades no anterior goberno municipal, organizáronse unha xeira de actividades, xornadas divulgativas, accións formativas, actos reivindicativos, que pretendían poñer de frente a todos os estamentos da nosa sociedade contra os agresores.
No Pleno da Corporación do 29 de decembro, Cecilia Pérez, voceira do Grupo Municipal do BNG, presentou unha moción na que se recollían unha serie de actuacións co obxectivo de que se constatara o rexeitamento do Concello de Redondela diante da morte dunha muller galega a mans das súas parellas ou exparellas.
Coa Moción que foi acordada por todos os grupos, antes do inicio da sesión plenaria, preténdese dar sentido aos actos de carácter simbólico, en contra da violencia de xénero.
Dende a oposición o Bloque Nacionalista Galego actúa con lealdade e responsabilidade co obxectivo de que todas as forzas políticas de Redondela, actuemos ao unísono. Non se pode caír nun uso partidista da loita contra esta lacra.
Corresponde á concellaría de muller, establecer as pautas a seguir, e aos demáis a actuar. Así o fixemos cando eramos goberno, e sempre e cando se poñan en marcha políticas activas a prol da dignidade das mulleres e da erradicación da violencia de xénero, continuaremos a facer na oposición.