Novamente, o BNG de Redondela propón unha rotonda para o alto de Os Valos.

Cruce do alto de Os Valos sentido Redondela.
Novamente, o BNG de Redondela propón unha rotonda para o alto de Os Valos.

Coa obra, eliminaríase un dos puntos negros das estradas do concello.

Por terceiro ano consecutivo, o Bloque Nacionalista de Redondela, a traveso da deputada Olaia Fernández, presentou unha emenda aos Orzamentos Xerais do Estado do ano 2013, para que se construíra unha rotonda no Alto dos Valos. Inicialmente a partida orzamentaria que se prantexaba, roldaba os douscentos mil euros. A organización nacionalista considera que se trata dunha obra de que xa non pode prolongarse máis no tempo.

Na intersección das estradas N-550, con estradas de ámbito comarcal, concéntrase diariamente un importante número de vehículos. Este cruce, está igualmente ubicado nunha zona de confluencia de tres concellos: Mos, Pazos e Redondela.

Varios miles de vehículos, tanto privados, como de grande tonelaxe, conflúen nun espazo tan reducido como no do Alto de Os Valos. O acceso dende a zona de Saxamonde ou dende a estrada procedente de Nespereira, constitúe unha manobra de potencial perigo.

A perigosidade do cruce de Os Valos, levou xa hai varios anos á Asemblea Local do BNG a transmitirlle aos seus deputados no Congreso dos Deputad@s, a necesidade de incluír a construción da rotonda, nos Orzamentos Xerais.

Mais como noutras ocasións, cando quen gobernaba era o Partido Socialista, como agora co Partido Popular, esta proposta nacionalista foi rexeitada. Os argumentos que se deron nunca foron compartidos polo BNG. Volver a tomar a crise económica, a necesidade de restrición orzamentaria, como escusa para que esta obra non se faga, volven ser ofensivas para os veciños e veciñas.

A criterio do BNG, o ministerio de Fomento segue actuando de xeito totalmente despótico, ignorando as necesidades de Redondela. Ante un elevado número de vehículos particulares, pero tamén de grande tonelaxe, mantéñense importantes carencias en canto á seguridade viaria tanto de veciños e veciñas, como dos propios conductores e conductoras.

Dende o BNG de Redondela, desenvolveranse as iniciativas que se consideren pertinentes para poder acadar o obxectivo de que esta obra se leve a cabo.

O Alto dos Valos tense constituído nos últimos anos nun dos “puntos negros” da rede viaria no concello de Redondela. O importante aumento do tráfico rodado procedente de Portugal e da zona industrial de O Porriño, cara Pontevedra e o norte de Galiza, xunto ao cruce de camiños das estradas procedentes do Aeroporto e do concello de Pazos, conflúen nunha encrucillada de difícil solución. A limitación de velocidade a 50km/h, non garante a seguridade vial tanto dos viandantes como dos vehículos que pasan por este punto.

A traveso da deputada Olaia Fernández o BNG de Redondela, vén de presentar unha Emenda aos Orzamentos Xerais do Estado, para a construción dunha rotonda neste punto do Alto dos Valos. Trataríase de que o Ministerio de Fomento dera en parte solución a esta situación perigosa, nunha zona na que conflúen tres concellos: Redondela, Pazos e Mos. Na nosa argumentación consideramos que se trata dunha importante mellora na seguridade vial dunha estrada nacional cun elevado tráfico rodado.

 

Novamente, o BNG de Redondela propón unha rotonda para o alto de Os Valos.