OS PARQUES INFANTÍS DE REDONDELA SEMPRE CUMPRIRON AS CONDICIÓNS DE USO.

OS PARQUES INFANTÍS DE REDONDELA SEMPRE CUMPRIRON AS CONDICIÓNS DE USO.

As declaración verquidas pola concelleira de Parques e Xardíns, poden considerarse como a evidencia de que se está actuando de xeito improvisado, como xa ben sendo norma no goberno municipal de Redondela.

O feito de que recoñeza que varios parques infantís foran cambiados, sen ningún tipo de xustificación, como xa sucedera co parque biosaudábel de Vilavella, para o BNG é a evidencia dunha actuación irresponsábel.

A actuación desta concellaría está a seguir criterios meramente eleitoralistas. Non habendo xustificación para que o cambio de ditos parques fora completo, non entendemos dende o BNG, outro motivo que actuar de cara á galería.

As afirmacións de que no anterior goberno non se prestaba atención a este tipo de equipamentos, caen polo seu propio peso, posto que foron varios os parques que se crearon ao longo do mandato. Pero onde maior atención prestaba a concellaría era na supervisión, reposición, limpeza e mantemento destas áreas. As queixas, denuncias ou reclamacións de particulares ou coleitivos neste sentido, sempre eran atendidos pola concellaría de Medio Ambente.

Dende o BNG, emplazamos ao alcalde, Javier Bas, a que priorice co seu grupo de goberno os investimentos dos cartos públicos, cubrindo as baixas laborais, en servizos, que como o do Centro de Información ás Mulleres, consideramos de primeira necesidade.

OS PARQUES INFANTÍS DE REDONDELA SEMPRE CUMPRIRON AS CONDICIÓNS DE USO.