En San Simón a desmemoria a favor do discurso fascista.
PP e PSOE empregárona sobre o que supuxera a dictadura franquista, en aras dunha transición pactada.
20 xan. 2025 - 08:59
As recentes declaracións dun deputado popular negando mortes dos represaliados na cadea franquista de San Simón (1936-1943), constatan o traballo de desmemoria colectiva ao que nos someteron durante décadas os grandes partidos: PP e PSOE.
Varias xeracións de mozos e mozas dende os anos oitenta, descoñecen o que supuxo para a democracia a dictadura franquista. Nada nos libros de texto que puxera nome ás vítimas e aos executores.
A represión durante e posterior á guerra civil, continuou igualmente con este exercicio de silenciamento acordado e ben planificado. Puntuais, e meritorios os traballos de investigación e divulgación que diversos autores e autoras, e asociacións memorialísticas desenvolveron nestas décadas.
Como efecto de toda esta estratexia, os discursos de corte fascista e franquista que xa o Partido Popular non nega, como nesta ocasión. Unha das primeiras medidas da chegada de Feijóo ao goberno da Xunta centrouse en afondar nesta desmemoria, trocando o nome de Illa da Memoria, polo eufemismo de “Illa do Pensamento”. Xa se tentara no seu momento en privatizar a Illa para convertila nun grande hotel.
Pouco axudou o silenciamento dende concellos da Ría de Vigo, con actividades de dubidosa valía na recuperación da memoria histórica, máis alá da consagración de iniciativas puntuais. Reticencias que tamén se sufriron a nível redondelá dende sectores próximos ao PSOE local, e por suposto ao PP.
Dende o BNG de Redondela sempre consideramos que a recuperación da memoria histórica de San Simón, constituía a recuperación dunha parte importante da nosa historia. Propuxemos nos últimos anos que se adicara o ano 2020 como ano das “madriñas de San Simón”, denunciamos que desaparecera o Padroado, plantexámoslle ao goberno municipal que elaborara un Plan de Usos, propuxemos que unha rúa no casco urbano pase a denominarse rúa das Madriñas. E así seguiremos ata que o arquipélago se convirta nun referente memorialístico nacional.