A iniciativa do BNG de remunicipalizar o lixo gaña apoios en Redondela

IMG-20250127-WA0000
“En declaracións de representantes sindicais, tanto PSOE, PP como AER aceptan as ventaxas da proposta nacionalista de recuperar a xestión directa do lixo”
A iniciativa do BNG de remunicipalizar o lixo gaña apoios en Redondela
Recuperar a xestión directa do lixo por parte do concello a partires do ano 2027 pode constituír un dos maiores logros acadados polo Bloque Nacionalista Galego neste mandato. O máis que deficiente servizo prestado por Urbaser, que soamente busca a rendabilidade económica co lixo, vai rematar en poucos anos.
“Tivemos sempre ben claro que era un servizo que cumpría recuperar, soamente facía falla aproveitar a oportunidade”, salienta o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.As declaracións de representantes sindicais valorando positivamente o acadado polo BNG, así o confirman. 
Polo que transmitiron en declaracións aos medios de comunicación nas súas conversas con PP, PSOE e AER, todos coincidían no positivo remunicipalizar o servizo da recollida do lixo.
Xoán Carlos González insiste no positivo deste acordo que dende o punto de vista da eficiencia económica, de enfocar verdadeiras políticas de redución da xeración de residuos, da atención á veciñanza e da calidade das condicións laborais dos traballadores.
Malia todo non quere triunfalismos, e advirte que “a única posibilidade de que este acordo se leve a cabo reside en que o BNG aumente os seus apoios nas eleccións municipais de dentro de dous anos e medio”.
A iniciativa do BNG de remunicipalizar o lixo gaña apoios en Redondela