O BNG considera que o goberno municipal fai caixa cos orzamentos participativos.

IMG-20250115-WA0003
O voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González.
Xoán Carlos González, “calculamos que uns 120.000€ non se executaron nas parroquias polo desinterese nos consellos parroquiais”

 

O BNG considera que o goberno municipal fai caixa cos orzamentos participativos.
O remate do ano 2024 supuxo para as arcas municipais que a maior parte dos orzamentos participativos quedaran sen gastar. Dende o ano 2019 non se invirten as partidas correspondentes ao 1% dos orzamentos municipais, segundo o acordado nos respectivos consellos parroquiais. Un claro exemplo de que recoller partidas nos orzamentos municipais, non garanten que se executaran por excusas dadas dende o goberno.
Segundo expuxo o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González “o goberno de Digna Rivas fixo caixa con estes orzamentos participativos, nun montante duns 120.000€”. Considera que o desinterese por convocar os consellos parroquiais constituíu o prinicpal motivo “desta desfeita”.
“Algúns dos consellos non chegaron a poñerse en marcha, máis alá que na súa constitución; outros non se debateron os orzamentos; a maioría convocáronse a final de ano sen capacidade para acordar e executar unha partida de 15.000€ segundo as propostas de asociacións e colectivos”, expuxo o edil nacionalista.
Recorda como o  formato de orzamentos participativos, foi por acordo de PP, PSOE, e AER. “Os tres grupos políticos que xustamente non quixeron que se executaran estas partidas”, recalcou.
“Durante estas semanas estamos traballado para saber a que se destinaron estos 120.000€, mais o que supoñemos é que se pagaron facturas que pouco ou nada tiñan a ver coas demandas parroquiais”. 
Insta Xoán Carlos González á alcaldesa Digna Rivas e ao seu goberno, a tomarse en serio esta participación veciñal, traballar para que realmente os colectivos sexan protagonistas da política veciñal redondelá.
O BNG considera que o goberno municipal fai caixa cos orzamentos participativos.