O BNG considera “inxustificábel” o gasto do goberno de Digna Rivas de dez mil euros por marquesiña.

IMG-20240701-WA0001

Xoán Carlos González,“defendemos que as inversións públicas deben seguir criterios de necesidade e racionalidade ”

 

O BNG considera “inxustificábel” o gasto do goberno de Digna Rivas de dez mil euros por marquesiña.
A iniciativa do goberno municipal de Redondela de cambiar seis marquesiñas das paradas do autobús da avenida de Redondela cun prezo total de 61.000€, foi duramente criticada dende o Bloque Nacionalista Galego. 
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González cuestionou en varios plenos esta contratación realizada polo goberno de Digna Rivas. “Unha decisión que non obedece a criterios racionais de necesidade de cambio provocado polo deterioro das marquesiñas”. Considera que se debe máis a un interese partidista e a unha falla de rigor evidente.
Afirma que tampouco nos diversos Consellos Parroquiais de Chapela se prantexara como necesidade urxente o cambio destas marquesiñas. 
Defende o edil do BNG que o mobiliaro urbano tén que seguir un plan de mantemento, recuperación e nos casos de necesidade a renovación, “sempre tendo en conta a racionalidade do gasto”. 
Sospeita que as marquesiñas retiradas van ser recuperadas para aproveitalas para outras parroquias. “Se isto é así estariamos ante un trato discriminatorio, considerando algunhas parroquias de segunda”. 
Afirma que o propio goberno PSOE e AER, “cae nas súas propias contradiccións pois mentras difunde a idea que débense aumentar os ingresos para mellorar a xestión municipal, por outro lado realizan este gasto”. Empraza o voceiro do BNG á alcaldesa Digna Rivas a desenvolver inversións que obedezan ao interese colectivo, que dean resposta ás verdadeiras necesidades dos veciños e veciñas de Redondela
O BNG considera “inxustificábel” o gasto do goberno de Digna Rivas de dez mil euros por marquesiña.