Xoán Carlos González denuncia que Urbaser volveu incumplir o contrato do lixo no Nadal

IMG-20250107-WA0013
“Queda claro que a alternativa para mellorar a xestión do lixo, pasa pola remunicipalización”, afirma.

 

Xoán Carlos González denuncia que Urbaser volveu incumplir o contrato do lixo no Nadal
A recollida do lixo en Redondela, ou máis ben a falta dela volve a centrar a atención do Bloque Nacionalista Galego. Durante as festas do Nadal, coincidindo cos días festivos, a recollida trasladábase ao seguinte día laboral, mais numerosos contenedores das parroquias quedaron fóra desta obriga.
“Temos evidencias que colectores aos que lles correspondía ser baleirados ao día seguinte dun festivo, foron ignorados por Urbaser en contra do recollido no prego do contrato”, denuncia o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Considera que se trata dun reiterado incumprimento por parte da empresa, que non cumpre coas súas obrigas.
“Xa levamos anos denunciando que de xeito sistemático hai contenedores que quedan fóra da recollida no día seguinte aos festivos. En ocasións pode pasar catro ou cinco días sen que se cumpra co asinado”, afirma.
“Ante este desinterese por parte da empresa concesionaria, Urbaser, a mellor solución reside en recuperar a xestión directamente dende o concello no ano 2027”, insiste o voceiro nacionalista. Pón novamente en valor o acordo de remunicipalización asinado co PSOE, para executalo nesa data
Xoán Carlos González denuncia que Urbaser volveu incumplir o contrato do lixo no Nadal