Satifacción no BNG pola denegación á instalación dunha empresa de acumulación de saburra en Vilar.

Vista da parcela en Vilar
Satifacción no BNG pola denegación á instalación dunha empresa de acumulación de saburra en Vilar.

Numerosas alegacións presentadas, permitiron a paralización  do Proxecto.

Con certa tranquilidade poden descansar os veciños e veciñas do barrio de Millarada na parroquia de Vilar, ao coñecerse que a iniciativa dunha empresa para acumulación de saburra que se iba a instalar nas proximidades das súas vivendas foi denegada polo departamento de urbanismo.

Arredor dunha vintena de vivendas do barrio poderían verse negativamente afectadas, ao non cumprir o espazo elexido unhas condicións mínimas.

Nunha parcela duns1.400 m, catalogada como solo non urbanizable, preténdía ubicarse un vertedoiro de saburro a ceo aberto, o que suporía unha actividade dun impacto enormemente negativo.

Alegación do BNG

Tendo en conta a información facilitada polos veciños e veciñas, xunto aos informes que se recollían no propio expediente da solicitude o BNG, elaborou e presentou a súa propia alegación. Membros da organización local, visitaron no mes de marzo o barrio, para coñecer de primeira man o emplazamento elexido pola empresa.

Veciños e veciñas do entorno expresaron a súa preocupación e inquedanza, ante un proxecto que iba a deteriorar enormemente a súa calidade de vida.

Na súa alegación a organización nacionalista recollía unha xeira de cuestións que consideraban de relevancia.

En primeiro lugar, destacaban a forte pendente e o desnivel no que se pretendía ubicar dito almacén. Esta característica, podería provocar nun futuro non moi lonxano posíbeis desprendementos e anegamentos da zoa.

En segundo lugar, a proximidade de perto dunha vintena de vivendas, o que iba a deteriorar enormemente a calidade de vida da veciñanza.

Tamén recollía a alegación os accesos dende a N-555, que considera totalmente inadecuados.

Un dos argumentos que o BNG considera máis determinante para rexeitar este Proxecto, constitúeo o feito de que esta actividade de carácter industrial debe ubicarse nun polígono ou área industrial, onde se cumplirían todas as condicións para a viabilidade da empresa.

Movilización veciñal.

Dende a organización local do BNG, consideran que o fundamental do  rexeitamento á instalación desta empresa foi a presión veciñal. Ademáis das alegacións individuais presentadas, fixeron un seguemento de cada un dos pasos que se estaban a dar dende diferentes instancias da administración.

Satifacción no BNG pola denegación á instalación dunha empresa de acumulación de saburra en Vilar.