Semana decisiva para un goberno alternativo en Redondela.

BNG Redondela

Iníciase unha semana de conversas, negociacións, e toma de postura ante a decisión de maior relevanza nos vindeiros catro anos no concello de Redondela: a elección dun novo alcalde/alcaldesa.

Semana decisiva para un goberno alternativo en Redondela.

Dende o BNG, encaramos estas conversas coa responsabilidade asumida despois do proceso electoral do 26 de maio, sabendo que nos xogamos moito para o futuro do noso concello.

Esta decisión vai incidir directamente na vida de moitos veciños e veciñas, polo que debe tomarse con responsabilidade, honestidade e rigor. Exíxesenos ás diversas forzas políticas que esteamos á altura das circunstancias, deixando de lado as nosas diferenzas, para chegar a acordos.

Dende o Bloque Nacionalista Galego, non imos permitir que se manteña a deriva caciquil na que o PP quere sumir a Redondela. Cómpre poñer a administración local ao servizo dos verdadeiros intereses da veciñanza, dando resposta ás súas necesidades e demandas.

Durante estes días, a delegación negociadora do BNG manterá encontros con AER e co PSOE. Cada quen exporá a súa lexítima visión de como se deben facer as cousas, mais os puntos en común xa se teñen demostrado que son moitos. Novamente a vontade dos e cas redondelás expresou que maioritariamente elixen opcións de corte progresista e nacionalista.

Semana decisiva para un goberno alternativo en Redondela.