“Só podo ter palabras de admiración, para as persoas que traballan e confían no Proxecto do BNG-AA”.

“Só podo ter palabras de admiración, para as persoas que traballan e confían no Proxecto do BNG-AA”.

Xoán Carlos González: “Só podo ter palabras de admiración, para as persoas que traballan e confían no Proxecto do BNG-AA”.

Á espera de que o Consello Local do BNG realice unha primeira valoración dos resultados electorais municipais, como cabeza de candidatura, diríxome a todos aqueles e aquelas, que participastes nesta Campaña, e tamén para os que apoiastes co voso voto o  Proxecto nacionalista.

Son consciente de que os resultados non son, con moito, os esperados. A nosa organización, presentouse aos comicios, como a única forza que, dende os concellos, pode transformar Galiza, e a sociedade galega.

Vaia por diante, a miña máis sinceira homenaxe a todos aqueles e aquelas que participastes durante as semanas previas á Campaña, e ao longo da mesma. Un grupo de homes e mulleres, que de xeito desinteresado participastes en vinte actos e encontros coa veciñanza. Fomos quen de facer un reparto de votos man a man, que chegou arredor de 5.000 vivendas, renunciando ao famoso “mailing”. Colgada/descolgada de cartaces, pegadas, reparto de publicidade a pé de rúa,... Toda unha xeira de actividade, que soamente podo considerar de “impecable”, sen un reproche, con continuas palabras de ánimo, e motivación.

Agradecer, a todos aqueles e aquelas que decidistes dar un paso adiante, para participar da Candidatura do BNG-AA en Redondela. Unha Candidatura, da que destacaría a presenza de persoas independentes, xente moza, e representativa da sociedade redondelá, tan machucada pola crise.

Tal como destacamos durante toda a Campaña, o traballo desenvolvido nos últimos anos, superando momentos de crise, enfrontando a realidade do Concello e do País, permitiunos actuar coa cabeza ben alta. Podemos afirmar, que con dous concelleir@s, plantámoslle cara, e tivemos en xaque a toda unha maquinaria como a do Partido Popular, durante catro anos.

Aproveito, para poñer en valor, o voto ao BNG-AA. Recoñecer a importancia de apoiar un Proxecto Nacionalista dende Redondela. Mantemos o compromiso, de seguiren traballando para achegar máis sociedade ao nosos ideario.

Momentos para a reflexión, e para poñer en valor o noso esforzo colectivo. Atopámonos ante retos complicados, mais non lle imos perder a cara, pois a veciñanza de Redondela, esíxenolo. Seguiremos a traballar por un Proxecto, que unicamente ten o seu epicentro en Galiza

Pola miña banda, no papel que me toca desempeñar como concelleiro neste vindeiros catro anos, unicamente o reto de estar á altura da exixencia coa que me arrogastes. Espero non decepcionarvos, nin a vós nin ao resto de redondeláns, que votaron BNG-AA.

Por unha Galiza soberana. Adiante, co BNG!!!

11050706_714940605295203_9136151217442934332_n

“Só podo ter palabras de admiración, para as persoas que traballan e confían no Proxecto do BNG-AA”.