Todas as emendas presentadas polo Bloque Nacionalista Galego para Redondela, rexeitadas polo PP
O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, a instancias da organización local, presentou diversas emendas aos Orzamentos da Xunta 2021 por un importe superior aos catro millóns de euros de inversión directa . Todas elas foron rexeitadas polo Partido Popular.
22 feb. 2021 - 09:44
Estas propostas recollidas polo BNG e demandadas por colectivos e veciños e veciñas de Redondela son de diferentes ámbitos esenciais para mellorar o noso concello. Así pois, presentáronse emendas de carácter social, de promoción económica, de mellora de servizos básicos como a sanidade ou de conservación do patrimonio.
Ante a campaña de confusión que a dereita redondelá facilitamos, tamén ao deputado local do PP, Alberto Pazos, información resumida de cada unha delas.
Por outra parte, xa é recurrente a cuestión dos patios cubertos nos centros educativos públicos, por parte do PP. Recordar que unha das promesas eleitorais do ano 2011, da candidatura encabezada por Javier Bas, da que Alberto Pazos formaba parte, era a de cubrir o Patio Cuberto de Santa Mariña. As falsas promesas, as mentiras e a manipulación, convertéronse no selo de identidade daqueles governos.
Emenda 125 de 30.000.000 €.-
COMARCA Vigo
CONSELLARÍA INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
DENOMINACIÓN DA EMENDA Mellora da seguridade viaria da estrada entre Redondela e Pazos de Borbén
CONCELLO(S) AFECTADO(S) REDONDELA, PAZOS DE BORBÉN e FORNELOS DE MONTES
VALOR APROXIMADO 300.000 euros
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
Mellora da estrada con dotación de beirarrúas, sistemas de calmado do tráfico, pasos de peóns e peoas e instalación de semáforos no cruce de acceso o colexio público de Reboreda e ao Centro Cultural.
Emendas xenéricas 80-81-83
COMARCA Vigo
CONSELLARÍA INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA
DENOMINACIÓN DA EMENDA Vivenda de carácter social
CONCELLO(S) AFECTADO(S) REDONDELA
VALOR APROXIMADO 1.000.000€
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
O acceso a unha vivenda digna, ben en réxime de alugueiro ou propiedade, constitúe unha das necesidades máis acuciantes, que afecta a diversos sectores sociais: traballadores e traballadoras, mocidade, inmigrantes. Como cuarto concello da provincia, Redondela aspira a mellorar as condicións de habitabilidade. No momento presente estase a tramitar o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Emenda 216 de 250.000€.-
COMARCA Vigo
CONSELLARÍA CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DENOMINACIÓN DA EMENDA Recuperación Cargadeiro Coto Wagner
CONCELLO(S) AFECTADO(S) ENSEADA SAN SIMÓN: REDONDELA, SOUTOMAIOR, PONTEVEDRA, VILABOA, MOAÑA.
VALOR APROXIMADO 300.000€
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
Partida solicitada para, en colaboración con outras administracións (Ministerio de Fomento, Autoridade Portuaria, Unión Europea) recuperar un elemento tan singular do Patrimonio Industrial como o Cargadoiro Coto Wagner, que durante décadas permitíu a descarga de carbón e o seu posterior traslado en barco. Existen numerosos apoios de entidades sociais, culturais, para converter o Patrimonio do Estreito de Rande (Museo Meirande, Pecios Batalla de Rande, antigas industrias da beiramar), nun espazo singula, catalogado con Selo Europeo.
Emenda 218 de 1.000.000.
COMARCA Vigo
CONSELLARÍA CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DENOMINACIÓN DA EMENDA Cubrir patios recreo centros educativos
CONCELLO(S) AFECTADO(S) REDONDELA
VALOR APROXIMADO 1.000.000€
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
A propia climatoloxía de Galiza, implica que grande parte do ano as choivas dificulten a mobilidade de persoas. No eido educativo, o alumnado perde posibilidade de interactuar socialmente, poder xogar, ou mesmo realizar as actividades físicas. Preténdese paulatinamente que os patios de recreo dos centros de ensino, sexan cubertos para facilitar estas actividades do alumnado.
Emenda 55 de 1.000.000€.-
COMARCA Vigo
CONSELLARÍA Economía, Emprego e Industria
DENOMINACIÓN DA EMENDA Creación Viveiro de Empresas
CONCELLO(S) AFECTADO(S) REDONDELA, PAZOS DE BORBÉN, FORNELOS DE MONTES, SOUTOMAIOR.
VALOR APROXIMADO 500.000€
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
Como cabeza de bisbarra, Redondela debe seguir sendo referente para concellos veciños, tamén na creación de pequenas empresas. Esta tipoloxía de empresas, permitiría en parte facilitar diversas iniciativas que se poden consolidar na nosa bisbarra. Trataríase dun instrumento para crear emprego, impedir a deslocalización, creando dinámicas económicas que na actualidade están aletargadas.
Emenda 479 de 500.000€.- (1º TREITO)
COMARCA Vigo
CONSELLARÍA MAR
DENOMINACIÓN DA EMENDA Pilotaxe do peirao de Cesantes
CONCELLO(S) AFECTADO(S) REDONDELA, SOUTOMAIOR, PONTEVEDRA, VILABOA, MOAÑA.
VALOR APROXIMADO 1.500.000 euros
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
Existe un Proxecto, xa licitado, que o PP presentou en campaña. Consiste en derruba os 80m. finais, para prolongalos outros 150m. por medio dun pantalán, para permitir o atraque de barcos. O orzamento roza o 1´1 millóns de euros. Existe moito malestar da Confraría, mariñeiros e mariscadoras, pois interpretan que se vai dar prioridade ao atraque de barcos que realizan roteiros pola Enseada e Illa de San Simón. Non hai nada de pilotar o primeiro treito do Peirao, que é o que se considera letal para o areal, polo que continuamos reivindicando esta renovación total.
Emenda 325 de 120.000.-
COMARCA Vigo
CONSELLARÍA SANIDADE
DENOMINACIÓN DA EMENDA Ampliación persoal Centro Saúde Redondela e Chapela
CONCELLO(S) AFECTADO(S) REDONDELA
VALOR APROXIMADO 300.000€
BREVE DESCRICIÓN OU EXPLICACIÓN DA EMENDA
A epidemia do Covid, agravou a situación asistencial dos Centros de Saúde de Atención Primaria. Existe unha importante carestía de persoal que se veu arrastrando nos últimos ano. Necesidades de dotación: Centro de Saúde de Redondela: 2 médic@s de familia, 1 pediatra, 1 psicólog@, Centro de Saúde de Chapela: 1 médico de familia, 2 enfermeir@s.
NOTA- A estas emendas habería que engadir outras que afectan á bisbarra e Ría de Vigo, tamén rexeitadas polo PP:
- Plan de Reindustrialización da Comarca de Vigo.
- Instauración do Tren de Proximidade.
- Rexeneración da Ría de Vigo