O BNG, empraza a AER e PSOE a traballar sobre os Orzamentos’ 21

O voceiro municipal Xoan Carlos González
O voceiro municipal Xoan Carlos González

Por iniciativa do Grupo Municipal nacionalista, convidouse aos dous grupos que conforman o goberno municipal de Redondela a elaborar uns novos orzamentos. Os actuais están prorrogados dende o ano 2018.

O BNG, empraza a AER e PSOE a traballar sobre os Orzamentos’ 21

Foi o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González, quen por acordo do Consello Local, tomou a iniciativa de contactar  coas voceiras tanto da Agrupación de Electores, como do Partido Socialista. Neste primeiro contacto, acordouse iniciar encontros no futuro próximo coa finalidade de elaborar uns novos orzamentos municipais. “Entendemos que non se pode adiar máis este documento de máxima importancia, no que se concreta a acción política, económica e social do goberno municipal de todo o ano”, expresou o edil. Manifesta a vontade do Bloque Nacionalista Galego,  poñer enriba da mesa aquelas propostas que entenden dende o seu grupo, que deben contemplar estes Orzamentos.  “A nosa idea vai por manter xuntanzas por separado con cada organización. Nestes momentos estamos á espera de concretar co grupo municipal de AER, día, hora e lugar”.

“Temos que poñer por riba dos lexítimos intereses das organización políticas, as necesidades, intereses e aspiracións dos nosos veciños e veciñas. Todos teremos que facer esforzos para acadar un entendemento que nos están a exixir, para sacar adiante os Orzamentos do ano 2021, que Redondela se merece”, remata na  nota Xoán Carlos González

O BNG, empraza a AER e PSOE a traballar sobre os Orzamentos’ 21