O TRIBUNAL AMEAZOU CON NON PUNTUAR UNHA PROBA SE SE FACÍA EN GALEGO.

O TRIBUNAL AMEAZOU CON NON PUNTUAR UNHA PROBA SE SE FACÍA EN GALEGO.

Tratábase das probas de selección para a dotación de dúas becas para o Servizo de Información Turística do Concello. No momento en que se están identificando aos opositores, unha delas dirixíuse a un membro do tribunal en galego. Inmediatamente se lle dixo que se iba a respostar na nosa lingua, non se lle puntuaría a proba. Evidentemente, diante de dita ameaza, e ante a posibilidade de poder traballar, a candidata respostou en español.

En canto fomos coñecedores de dita situación o BNG fixo unha denuncia pública dun feito que consideramos gravísimo; que o  uso do galego nunha proba de selección levaría á non calificación para aspirantes a un posto de traballo no concello de Redondela.

Fose quen fose o ou a membro do tribunal que fixo tal indicación, as declaracións do concelleiro de Cultura agravaron a situación. Como sempre, poñéndose da parte máis forte, afirmou en Radio Redondela, que non se lle deran tales indicacións ao tribunal. Faltaría máis.

Trátase dunha agresión sen precedentes no noso concello. Xa non por non ser o uso do noso idioma, un aspecto a valorar (máxime cando será unha maioría de portugueses e portuguesas a quen haberá que informar), senón xa por ameazar sobre a súa utilización en probas de carácter público.

Pero a cuestión non quedou aquí, posto que o concelleiro Alberto Pazos, exercendo como correa de transmisión, continou ameazando, se se iban a iniciar medidas xudicias. Se a dinámica do goberno local vai ser esa, moito lles queda por pasear ata os xulgados. Neste tema, non nos van facer calar!

O TRIBUNAL AMEAZOU CON NON PUNTUAR UNHA PROBA SE SE FACÍA EN GALEGO.