Xoán Carlos González Campo defende o modelo de “compostaxe comunitaria” na xestión do lixo.

PF7C7F1_165452
O uso de composteiros comunitarios reducirá as toneladas de lixo xeradas.
“O obxectivo é reducir nun dez por cen o lixo incinerado facilitando a rexeneración do solo cun aforro para o concello de ata sesenta mil euros anuais”
 
Xoán Carlos González Campo defende o modelo de “compostaxe comunitaria” na xestión do lixo.
A xestión do lixo e dos residuos sólidos urbanos converteuse hai décadas nun dos problemas de maior impacto nas economías municipais. En Redondela, entre a xestión feita pola empresa Urbaser, e o abono que se realiza a Sogama para a incineración, suponlle uns 2 millóns de euros anuais.
“Un dos grandes esforzos do traballo dende o goberno municipal centrarase en reducir o lixo que vai ao contedor xerando compost cuns custes menores para as arcas municipais, declarou o voceiro nacionalista.
Afirma Xoán Carlos González Campo, que o debate non se pode centrar en aumentar as taxas da recollida do lixo. O primeiro que cómpre facer é realizar investimentos reducindo a achega á incineración decretada por Sogama.
Engade que por cada tonelada que se queima o concello abona 72€. Anualmente Redondela envía unhas 8400 toneladas, polo que só reducir o 10 por cen as toneladas enviadas permitiríalle ao concello un aforro duns 60.000€”.
Xoán Carlos González Campo defendeu a creación dun maior número de Centros de Compostaxe Comunitaria, ata chegar a unha ratio de un por cada 1.500 veciños e veciñas, principalmente nos núcleos de Chapela e Redondela. Na actualidade en Redondela unicamente existen tres destes puntos fronte aos doce que hai en Moaña ou seis en Vilaboa.
Finalmente declarou que debemos apostar por este modelo que reduce as emisións de CO2, permiten a xeración do solo e suponlle un aforro ao concello. O noso reto desde a alcaldía é reducir ata un 10 por cen as toneladas de lixo orgánico que se incinera para convertelas neste abono orgánico ao longo do mandato 2023-2027
Xoán Carlos González Campo defende o modelo de “compostaxe comunitaria” na xestión do lixo.