ATA O VINDEIRO DÍA 1 DE MAIO, OS BARCOS DO CERCO NON PODERÁN SAÍR A PESCAR SARDIÑA, ISTO DÉBESE A ESCASA COTA CONCEDIDA AO ESTADO ESPAÑOL, DENTRO DO ACORDO DE XESTIÓN DESTA PESQUEIRA ACORDADO CON PORTUGAL E BENDICIDO POLO GOBERNO DA XUNTA DE GALIZA.

“A Xunta abandona o cerco de Redondela” segundo o BNG

Avatar Redondela
Avatar Redondela

A este mal acordo para a flota do cerco galega (outro máis), temos que sumar a  rebaixa da cota da xarda, nun 20%  e que as posibilidades da pesca da anchoa é ridícula, xa que esta redúcese ó 1,14% do cupo do estado español, tan  só 68,1 toneladas

Esta situación fai que algúns deste barcos se atopen amarrados a porto e cun futuro moi incerto. “Non podemos saír a faenar, gastamos máis en  combustible do que gañamos” comentan os armadores.

Sinalar que mentres que o goberno portugues subvenciona aos barcos do cerco que se atopan amarrados, o goberno español coa complicidade da Consellería do Mar, decidiu non dar ningún tipo de axuda a esta flota.

A situación deixase notar gravemente na economía de moitas familias do noso concello, xa que a meirande parte da flota do cerco da ría de Vigo, pertence a armadores de Redondela, son unhas 30 embarcacións e mais de 300 tripulantes.

A grave situación económica pola que  que están atravesando estas familias, debería ser suficientemente importante para que dende o noso concello se tomaran cartas no asunto. Dende o BNG de Redondela o seu Responsábel Local, Anxo Lusquiños, considera que o alcalde volveu a amosar o seu desleixo polos problemas reais que afectan a numerosas familia. “Nin sequera tivo o xesto de terse posto en contacto con estes armadores para coñecer de preto esta situación”. Sinala o apoio e a solidariedade da formación nacionalista coa flota do cerco de Redondela e póñense a súa disposición para o que consideren oportuno

Reclamámoslle a Javier Bas que asuma a súa responsabilidade, e que de maneira urxente solicite unha xuntanza coa Conselleira do Mar, para trasladarlle a preocupación por esta grave situación e esixir medidas que eviten a desaparición desta actividade pesqueira de tanta relevancia económica e social na vida do  noso concello, remata na súa nota Lusquiños.

“A Xunta abandona o cerco de Redondela” segundo o BNG
“A Xunta abandona o cerco de Redondela” segundo o BNG