OS CONSELLOS PARROQIAIS (NON) CREADOS POLO PP EN REDONDELA

OS CONSELLOS PARROQIAIS (NON) CREADOS POLO PP EN REDONDELA

A concelleira de Participación  Cidadá volve a faltar a súa palabra e a demostrar a súa incapacidade para xestionar este departamento. No pasado pleno, na comparecencia solicitada polo BNG, afirmou rotundamente  que no mes  de xuño se constituirían o consello parroquial de Saxamonde e o de Vilar. A estas alturas, e despois dun ano de goberno do PP,  so funcionan  os tres que se crearon cando o BNG tiña esa responsabilidade.

Esta situación reforza a opinión do  Grupo Municipal do BNG que xa lle advertira á concelleira que os Consellos Parroquias non se crean por decreto ou por voluntarismo, senón que requiren  un amplo e arduo traballo previo cos colectivos  veciñais , e aínda así, en moitos casos,  existen enormes dificultades para constituílos, ou ben por que existen poucas  asociacións  ou porque os propios colectivos  rexeitan a participación nestes consellos.

Pese a todo a concelleira de Participación Cidadá anunciou, nun  alarde de inconsciencia, prepotencia e  descoñecemento da situación,  que todas as parroquias terían os seus propios Consellos.  Esta é unha mostra máis de que o goberno de PP de Redondela  só vende fume.

O Grupo Municipal do BNG suxírelle a concelleira que se poña a traballar si realmente quere se constitúan os Consellos Parroquias. Porque senón poderíamos pensar  que non ten intención de que existan porque son organismos   “incómodos” para un goberno municipal do PP que non cre na participación cidadá.

OS CONSELLOS PARROQIAIS (NON) CREADOS POLO PP EN REDONDELA