O BNG levará ao Parlamento a problemática de seguridade viaria de Cesantes.

IMG-20170504-WA0018
Luís Bará xunto a X. Carlos González cos colectivos vecñais de Cesantes.
O BNG levará ao Parlamento a problemática de seguridade viaria de Cesantes.

O deputado nacionalista Luís Bará visitou o entorno do colexio, para presentar unha bataría de medidas, co fin de garantir unha accesibilidade máis segura. Recibíu información de membros da ANPA, da AA.VV., ademáis do Obradoiro de Estudios Locais Fernando Monroy.

Durante a visita o deputado nacionalista coñeceu de primeira man a situación de inseguridade que a cotío se vive nun espazo de menos dun quilómetro, onde se concentra o cruzamento dunha estrada nacional e unha provincial,  o paso do Camiño Portugués, o colexio público ademáis do centro cultural de Cesantes. “Pretendemos que o goberno galego demande do Estado a posta en marcha de medidas para que a xente poida desprazarse con maior seguridade neste entorno”, afirmou Bará.  

A iniciativa parlamentar do BNG recolle a solicitude de construcción de beirarrúas, ademáis de medidas para a redución das velocidades. “Para nós o prioritario constitúeo que a veciñanza poida desprazarse ata o colexio ou o centro cultural, sen ningún tipo de risco. Se Fomento é o titular dunha estrada cunha elevada intensidade de tráfico, debe garantir a seguridade poñendo orzamentos enriba da mesa”, afirmou.

O paso do Camiño Portugués por este punto tamén constitúe outro motivo de preocupación para a organización nacionalista. Consideran que o aumento de peregrinos, debe ir acompañado de melloras na seguridade viaria. “O cruzamento que se realiza na N-550, pon en risco a moitos destos visitantes de Redondela, co que se deben tomar medidas canto antes”.

Igualmente na proposta de Luís Bará, recóllese a adquisición de terreos colindantes co centro escolar, co fin de facilitar o acceso de autobuses. “Neses momentos danse situacións de perigosidade, que poden mesmo afectar á seguridade dos nen@s e as súas familias”.

O voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González, comprometeuse a facer seguemento das negociacións entre Concello e Xunta, “para que as demandas da comunidade escolar sexan efectivas, no menor tempo posíbel”.

 

O BNG levará ao Parlamento a problemática de seguridade viaria de Cesantes.