AS FAMILIAS OBRIGADAS A XESTIONAR DIRECTAMENTE AS LUDOTECAS EN VARIAS PARROQUIAS.
O BNG de Redondela, cualifica de fracaso, as Ludotecas de Verán.
A concepción das ludotecas do verán para cativos e cativas, de idades entre os 4 e 14 anos, viñan a cubrir o oco da falla de actividades lectivas nos meses de xullo e agosto.
O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González vén denunciar a mala xestión destas actividades por parte do goberno de Javier Bas. “Uns procedementos de inscrición moi complexos, que o único que serven é para disuadir a algúns solicitantes; cativos e cativas que quedan fóra da actividade; non se cobren os dous meses de período non lectivo, forzando ás familias a xestionalas pola súa conta en agosto”, son algunhas das eivas destas Ludotecas.
Recorda o edil nacionalista que dende a súa organización veñen reclamando un cambio no modelo prantexado polo goberno municipal de Redondela. “Todos os anos, dende que goberna o Partido Popular, repítense os mesmos problemas. Constátase que se trata dun modelo fracasado”, considera. Valora que a negativa a prantexar un novo formato, nas que solventes os diferentes problemas. “Depende das prioridades do equipo de goberno, e neste caso as Ludotecas para os nenos e nenas, no o son”, afirma
Xoán Carlos González responsabiliza directamente ao goberno de Javier Bas, forzando a que moitas familias véxanse obrigadas a suplir o papel da administración, ao ter que xestionar pola súa conta estas actividades. “En Cedeira, Cesantes, Reboreda e Chapela, lévanse a cabo, ou tentaron que se levaran a cabo, sen que se lles facilitara a xestión por parte do equipo de goberno”, salienta.
Demandan dende o BNG que se reformulen as Ludotecas de Verán Municipais, para que verdadeiramente se lle dea resposta á conciliación da vida familiar e laboral, ademais de prantexar actividades lúdicas e formativas, durante todo o período estival. “Con vontade política, pódese dar resposta ás demandas de ducias de familias”, remata na súa nota.