Comunicado do BNG, en apoio ao Coleitivo Republicano.
02 out. 2017 - 19:53
En relación á retirada de material por parte do goberno de Javier Bas que formaba parte da exposición “Criminalización do pensamento”, dende o Bloque Nacionalista Galego, queremos:
- Expresar o noso apoio ao Coleitivo Republicano, ante as actuacións inxustificadas promovidas polo goberno municipal de Redondela, vía denuncia da Policía Nacional, que levou á retirada de parte do material de dita exposición.
- Considerar que se trata dun acto de Censura Política e Informativa. Por vez primeira na historia democrática de Redondela, retírase parte dunha exposición dirixida ao conxunto da cidadanía.
- Os feitos acaecidos, teñen maior gravidade tanto en canto se producen nun edificio de carácter público, a iniciativa do goberno municipal, que representa a todos os veciños e veciñas de Redondela, e polo tanto a todas as crenzas e pensamentos democráticos.
- A información que se difundía en dita exposición unicamente pretendía apoiar graficamente o relato dos acontecementos que sucederon no noso pasado máis recente. Non se prantexaba ningún tipo de insulto, menosprezo ou calquera declaración que atentara contra ningún particular.
- Considerar que as accións iniciadas dende o goberno municipal, son reflexo do pensamento único e autoritario que o goberno de Javier Bas, quere implantar en Redondela.
- Rexeitar, calquera actuación do goberno municipal, que coarten, ou priven total ou parcialmente calquera iniciativa de expresión libre e democrática.
- Solicitaremos as explicacións pertinentes naqueles ámbitos que consideremos axeitados.
- Apoiar abertamente calquera iniciativa similar que se prantexe en Redondela, que busquen informar ou formar ao conxunto da poboación, baseándose nos principios da ética, da verdade e da democracia.
- Rexeitar a negativa imaxe que de Redondela, se están dando dende o goberno de Javier Bas.
- Expresar o noso apoio ao Coleitivo Republicano, poñéndonos á súa disposición en calquera iniciativa que prantexen.