O BNG denuncia o abandono do barrio de Eidos.

IMG_20170720_192649
X. Carlos González nunha visita aos Eidos

Aseguran que o goberno de Javier Bas, converteuno nun barrio dormitorio, renunciando a poñer en marcha “medidas de humanización e espazos de encontro veciñal”.

O BNG denuncia o abandono do barrio de Eidos.

O barrio de Eidos, converteuse nunha zoa de medre do casco urbano de Redondela nos últimos anos. Ademais da construción da Estación do Eixo Atlántico, edificáronse varios bloques de vivendas. Ducias de familias, maioritariamente constituída por xente moza, trasladaron a súa residencia a este entorno. “Unha boa oportunidade para que o Concello desenvolvera diversas iniciativas para facilitar a convivencia veciñal e a humanización deste entorno”, segundo o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González.

Malia o evidente pulo que esta zoa deulle a Redondela, careceu dunha axeitada planificación por parte dos e das responsábeis municipais, para convertelo nun lugar máis habitábel. “Claramente converteuse un espazo singular coma Os Eidos en barrio dormitorio, carente de vida veciñal”, afirma o concelleiro nacionalista. Recorda que ante a pasividade do goberno de Javier Bas, “hai xa tres anos que presentamos unha moción que contou co apoio de toda a corporación, para a construción dunha zoa de lecer e espazo de encontro para as familias”.

Denuncia Xoán Carlos González como unicamente “o sectarismo do goberno municipal, bloquea a construción nunha área duns oitocentos metros cadrados dun espazo verde, que facilite a interelación da veciñanza”. Trátase para o edil nacionalista dunha mostra da  perda de espazos para a cidadanía promocionada dende o goberno de Javier Bas, “ao contrario do que se está a fomentar noutras vilas semellantes a Redondela”.

Outro exemplo de que o goberno municipal, converteu o barrio nunha zoa agresiva para a veciñanza, quedou reflexado nas obras de humanización que afectaron á estrada provincial. “Este vial, constitúe todo un perigo para os peóns e peoas, onde os vehículos circulan a grande velocidade”. Valora moi positivamente a recente instalación de varios lombos por parte da área de mobilidade da Deputación de Pontevedra ao mellorar ostensibelmente a seguridade viaria. “Dende o BNG, seguiremos traballando para que os núcleos urbanos, como Eidos, se convertan en espazos para a uso e desfrute dos veciños e veciñas”, remata na súa nota.

O BNG denuncia o abandono do barrio de Eidos.