Cun goberno do BNG, San Simón volverá a ser a Illa da Memoria.
Houbo que agardar ata o ano 2006, trinta anos de “democracia”, para que o goberno galego cumprira coa obriga de recuperar a memoria dos perseguidos e perseguidas polo franquismo. Coa presenza do BNG naquel goberno, instaurouse o Ano da Memoria, converténdose San Simón se convertera en Illa da Memoria, espazo de encontro e reconciliación cos perseguidos e perseguidas.
Daquela, arredor de 20.000 visitantes anuais achegábanse ata este enclave empregado durante a Guerra e anos posteriores, como campo de concentración. Houbo que agardar a que o nacionalismo asumira responsabilidades no goberno galego, para que se restablecera a xustiza, rendendo homenaxe á memoria dos represaliados e as súas familias.
Os oito anos de goberno de Feijoó, serviron para que este compromiso encetado dende o goberno galego, fose paseniñamente eliminado. A Illa da Memoria, como tal, despareceu, posto que a recuperación da memoria histórica, nunca foi unha prioridade do PP.
Diante da celebración da Eleccións Galegas, o 25 de setembro, o BNG- Nós Candidatura Galega comprometeuse por medio da súa cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, a recuperar San Simón como Illa da Memoria. O obxectivo: recoñecer o papel individual e colectivo daqueles que mesmo pagaron coa súa vida para defenderen a causa da democracia e a liberdade. Ante o silenciamento ao que o veu sometido a dereita durante décadas, cómpre rescatalos do esquecemento.
Cómpre actuar decididamente dende o goberno galego, para sacar á luz todo sobre un dos capítulos máis escuros da nosa historia. O compromiso do BNG para que despois de setenta anos, as persoas que sufriron persecucións, violacións, asasinatos, exilio, … restitúa a súa memoria. O compromiso do goberno do BNG, para que San Simón volva a recuperar o seu protagonismo como elemento de coñecemento do noso pasado, para afortalar o noso futuro. Na nosa man está, o 25 de setembro, de poñer ao fronte do goberno galego a Ana Pontón, e Luís Bará para acadar este obxectivo.