O goberno municipal de Redondela, segue sen explicar os cortes no alumeado.
Xoán Carlos González: “As explicacións dadas vía medios de comunicación, non respostan á preocupación veciñal”
O BNG ten solicitado en numerosas ocasións explicacións sobre a falla periódica de subministro no alumeado público no concello de Redondela. Por medio do concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, presentáronse escritos pedindo explicacións sobre esta problemática. “Unha problemática que afecta directamente á seguridade viaria, principalmente a peóns. Nunca nos deron ningún tipo de resposta”.
A última destas situacións, viviuse na parroquia de Chapela, onde en menos dunha semana, sufríronse dous curtes, nunha zoa tan transitada como a Avenida de Vigo. “Finalmente, por medio da concelleira de Vías e Obras, o goberno municipal deu unha resposta peregrina, unicamente a traveso dos medios de comunicación; mais sen aclarar realmente cales son os motivos”, considera o concelleiro do BNG. “que de cada un dos cortes, existirá algún tipo de informe dos traballadores municipais. En ditos informes recolleranse as incidencias, e ante a repetición das mesmas, posíbeis solucións ou alternativas”.
Denunciamos que a falla de subministro no alumeado público tense mantido, en ocasións, ao longo de toda unha fin de semana. “Parécenos lóxico que se se pagan horas extras para cuestións menores a empregados municipais, tamén se faga cos electricistas para solventar algo que aparentemente é sinxelo”, considera Xoán Carlos González. “Novamente falla vontade, e interese por parte do goberno de Javier Bas”.
En canto ás denuncias feitas pola concelleira, “non son máis que unha nova cortina de fume. En todo caso o que non había durante o bipartito, eran concelleiros paseando con coches do concello como a propia Maria José Barciela”.